- Dende as 10 da mañá ata as 14 horas terá lugar Ou Campionato Galego de Loitas Olimpicas, Escolar e Junior
- Na sesión de tarde que comezará as 16 horas e rematará ás 20 horas poderase gozar cos Campionatos Galegos de Sambo nas categorías Senior, Junior, e Cadete, completando a tarde co Campionato Galego de Grappling- GI na categoría Senior.
O afamado e coñecido equipo de Loita Keltoi será neste fin de semana profeta na súa terra, posto que Julio López Tenente de alcalde e responsable da área de deportes de Vila de Cruces, esta convencido das vitorias que se van a lograr.
Como referente di Julio López “ basta con botar a vista a tras menos dun mes para comprobar que este mesmo Club vén de lograr en Santiago de Compostela, tres ouros no Campionato Nacional” e sente máis orgullo se cabe destes resultados nun ano tan complicado como foi todo o 2020.
López só ten afagos para o presidente do Club Keltoi Rubén Méndez por dar a coñecer por toda España o concello de Vila de Cruces e non só iso senón demostrar que este Club é unha auténtica fábrica de Campións.
Por este motivo celebrarase este sábado no Pavillón Municipal de Vila de Cruces ao longo de todo o día varios campionatos en distintas modalidades Dende as 10 da mañá ata as 14 horas terá lugar O Campionato Galego de Loitas Olímpicas, Escolar e Junior, pasando á sesión de tarde que comezará as 16 horas e rematará as 20 horas e onde se poderá gozar cos Campionatos Galegos de Sambo nas categorías Senior, Junior, e Cadete, completando a tarde co Campionato Galego de Grapplin- GI na categoría Senior.
Para todos os que non coñezan estas disciplinas de deporte podemos dicir que por exemplo O sambo que é unha arte marcial de orixe soviética. Creado cando Lenin encargou a un grupo de investigadores e especialistas o deseño dunha nova arte marcial para as forzas de defensa soviética.
E o O Grappling é un deporte híbrido que combina diferentes estilos, algúns modernos e outros máis tradicionais de loita e artes marciais, como a loita grecorromana, a loita olímpica, sambo, shoot wrestling, etc, ste método de loita baséase en técnicas de agarre, estrangulación e luxación das extremidades do adversario usada en diversas artes marciais.
Julio López é coñecedor da situación de pandemia que estamos a soportar e por este motivo non pode dicirlles a todos os veciños que asistan a este evento que se celebrará a porta pechada, pero anima os loitadores e loitadoras a que como sempre dean o mellor de si mesmos, como di López, aínda que non podamos estar presentes farémoslle chegar o noso agarimo e apoio.




