HomePontevedraAmoedo: “Redondela non é de segunda, queremos ter as mesmas humanizacións que...

Amoedo: “Redondela non é de segunda, queremos ter as mesmas humanizacións que Vigo”

- Anuncio -spot_img

• Reclaman á Deputación de Pontevedra beirarrúas, muros e retranques en condicións, e non unha senda ao nivel do asfalto que non garante a seguridade dos peóns.

A voceira do grupo municipal do PP de Redondela e deputada provincial, Carmen Amoedo, reclama un trato igualitario para as estradas provinciais do concello, concretamente na EP-2906 Os Valos-Guizán. “Redondela non é de segunda, queremos ter as mesmas humanizacións que ten Vigo e outros concellos da provincia”, defendeu durante un encontro cos veciños de Vilar de Infesta, no que tamén participaron os deputados Alejandro Lorenzo e Alfonso Marnotes e concelleiros.

Amoedo recorda que os veciños deste lugar levan esperando varios anos pola segunda fase da reforma deste vial, coñecido como Estrada do Galleiro, e que despois de todo ese tempo comezaron as obras cunhas actuacións “que son insuficientes para Redondela e que espertan o rexeitamento dos veciños”.

Para a deputada popular “é increíble que, nunha zona cualificada como solo urbano, a alcaldesa de Redondela dea por válido un proxecto que vai ter unha senda ao mesmo nivel do asfalto e que segue sen garantir a seguridade dos peóns”, cando o que están reclamando os veciños é que se manteña o mesmo proxecto que se executou na primeira fase das obras e que tamén se están incluíndo nas humanizacións doutras estradas provinciais, como por exemplo na cidade de Vigo, e que inclúen “beirarrúas, muros e retranques en condicións”.

“Isto non é o que queren os veciños de Vilar de Infesta, que esixen o mesmo trato e que aínda están esperando a que o Goberno provincial respondan ás súas demandas”, defende a popular.

Desde o PP recordan que neste lugar a poboación vive moi dispersa e se despraza con frecuencia a pé, pero tamén pasan por ela cada ano milleiros de peregrinos xa que forma parte do Camiño Portugués.

Publicacións Relacionadas