O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra e responsable da área Urbanismo, Pablo Fernández, rexistrou este venres un escrito: “Pedimos que se nos permita fiscalizar a posible adquisición. Non queremos un pelotazo inmobiliario”
“É o noso labor que o Concello en todo momento sexa claro coa cidadanía. Queremos transparencia sobre a función que se lle dará ao inmoble e que, por suposto, sexa para o goce de todos os pontevedreses e pontevedresas”
O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra e responsable da área Urbanismo, Pablo Fernández, solicitou unha comisión extraordinaria de Réxime Interior para que o Concello permita á oposición acceder á información derivada do proceso da posible compra do convento de Santa Clara. O motivo da petición dos populares é que se dote de transparencia ao procedemento para que así o PP poida levar a cabo o seu labor de fiscalización: “Non queremos que sexa un pelotazo inmobiliario”.
No documento, o popular pide a comparecencia dos técnicos municipais que realización a visita de inspección ás instalacións para que trasladen a súa valoración: “É a nosa obrigación coñecer de primeira man a opinión emitida polos técnicos, que será básica para coñecer o estado actual do inmoble. Fai catro meses que se produciu a revisión e non tivemos máis noticia”.
Para Fernández é fundamental que o Concello sexa claro coa cidadanía e que explique a función que lle pretende dar ao convento, no caso de que se materialice a compra. “Non queremos que se compre un edificio para que este baleiro. Esiximos por tanto que sexa para o goce de todos os pontevedreses”.
Por último, e considerando que a suma da futura operación posiblemente supere o 1% do orzamento municipal, segundo declaracións do Concello, e @teniendo en cuenta o esixido polo Real Decreto 1372/1986 e Lei 5/1997, Fernández tamén requiriu “a presentación de informes periciais e avaliacións relevantes, así como informe de intervención sobre o mecanismo de compra e financiamento”.




