- Afirma que nunca se pode romper un pacto que nunca existiu, e moito menos dinamitar nada.
- Anima a este medio a que revise a hemeroteca onde a candidata socialista expresouse moi claramente no seu día https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2020/03/01/psoe-cruces-anuncia-retira-apoyo-dos-anos-gobierno-municipal-bng/0003_202003D1C2995.htm
Tras unha entrevista realizada polo tenente de alcalde Julio López esta mesma semana, La Voz de Galicia elaborou un titular que pode confundir aos seus lectores e é obrigación do goberno o matizalo para que todos os veciños e veciñas de Vila de Cruces poidan entendelo.
Nesa entrevista cando xa finalizaba, a presentadora preguntoulle a López, se ían ceder o bastón de mando ao BNG para os próximos dous anos, ao que López contestou un rotundo “NON”, pois unha vez votado o alcalde, en Vila de Cruces só existía un pacto de goberno e foi bipartito Xuntos- Psoe ata que no mes de agosto o Psoe optou por deixar o goberno, sen antes non mes de marzo do mesmo ano deixar claro a ruptura co BNG.
Por tanto López agradecería a rectificación do titular enganoso, onde se di que se dinamita un pacto, dándolle credibilidade a algo inexistente, dende que o BNG optou por cruzar a liña e manterse na oposición, e aí si se pode usar a palabra dinamitar, xa que durante este período é o que estivo a facer o BNG, dinamitando o goberno e non deixándoos sacar os seus proxectos adiante como afirma Luís Taboada, recordando as últimas votacións conxuntas que fixeron co PP.
Púidose comprobar fielmente como o señor Fiuza na última entrevista que tivo na Radio Voz, á pregunta da presentadora de que tiña pensado facer coa aprobación do orzamento, a súa contestación foi; que agora non toca ver os orzamentos, cunha clara contradición pola súa banda, xa que hai uns meses aclamábano con ansiedade, di que agora non é o momento, porque está a esperar a dentro dun mes a que sexa o alcalde o señor Fiuza, e despois xa se verá.
Modestamente Julio dixo “que hai que ter moi pouca vergoña para no momento que estamos a vivir pensar exclusivamente en “QUE HAI DO MEU” sen importarlle a veciñanza, e o máis triste é que diga que estamos mercadeando co diñeiro do contribuínte”.
Segundo López, o BNG chama mercadear a que sexamos un partido razoable, e acorde á situación na que estamos a vivir, que queren utilizar parte do remanente que teñen para axudar ao comercio, á hostalería, á cultura, ao deporte e por suposto ao turismo e ao emprego, sen esquecerse dos temas sociais.
¿E como farán todo iso? subindo as partidas económicas en todos eles, algo que non gusta á oposición do BNG, porque durante case estes dous últimos anos non fixeron outra cousa, que oposición votando da man do PP nas mocións e rachando todas as decisións do goberno, sen formar parte do mesmo, aínda que se lle propuxo varias veces.
E agora pretenden que o alcalde se aparte e sexa “Fiuza” o alcalde, ameazando que se non é así votará en contra dos orzamentos, deixando a Vila de Cruces e a todos os seus veciños sen axudas e con moitas limitacións.
E López dille ao señor Fiuza “que en política non todo vale e que se poña a traballar e que empece aprobando uns orzamentos, nos que o goberno incluíu unha partida de 60.000 euros para que decidisen eles en que os querían utilizar, e aínda así só pensa en ser alcalde”.
López espera que o PP teña máis altura de miras e cando di isto refírese ao señor Souto, e aos seus compañeiros, xa que do señor Otero non espero nada, porque segundo as últimas declaracións de Otero na prensa di que, os orzamentos vanse a estrelar, e son meras ocorrencias, só pode dicir que é vergoñoso novamente, si vergoñoso que diga que son ocorrencias subir as axudas a todos os sectores, que nestes intres están a pasalo moi mal, e ademais outorgarlle 120.000 euros para que decidan en que utilizalos. Pero esta é a oposición que temos, e eles son os donos e señores dos seus actos, pronto sabererán todos e todas como actúan e en realidade o que lles importa.




