• As melloras ofrecidas pola empresa adxudicataria local Eicrós Gestión, S.L., 13 de 15 posibles, permitirán dispoñer de iluminación no salón de actos,a rotulación da escola e instalar fotomurais personalizados, entre outras.
As obras de mellora interior da Escola de Música de Tenorio, cun investimento municipal duns 189.000 euros, entran na súa fase final coa instalación de tarima flotante e colocación de paneis acústicos para favorecer o fomento da educación musical e outros usos de carácter sociocultural dos que esta edificación adolecía.
Os operarios da empresa adxudicataria local das obras, Eicrós Gestion, S.L., están afrontando a fase final centrando a súa intervención en adecuar os espazos interiores ás necesidades de habitabilidade e acústica que precisa un edificio destas carácterísticas. Así, ademais da obra interior están procedendo a incorporar as melloras ofrecidas no concurso (ofertou 13 das 15 posibles) consistentes nun panelado de roble e tabica pladur, trasdosado autoportante, cambio do escenario, iluminación do salón de actos, rotulación da escola e do salón de actos, instalar fotomurais personalizados, instalar zócalos de protección nas aulas, realizar unha plantación de xardineiras exteriores, colocar paneis acústicos no salón de
actos e aulas, adecuar a sala de debaixo do escenario, pintar o salón de actos e zonas anexas e colocar canaleta e impermeabilización da medianeira.
Con estas obras, o Concello de Cerdedo-Cotobade completa un ambicioso. Investimento en infraestruturas socioculturais en todo o municipio potenciando destes xeito a práctica do estudio da música e adecuando os seus edificios públicos ás necesidades de acústica e docentes necesarios para seguir impartindo esta actividade cunha amplia cobertura nos seus territorios.
PENDENTES TAMÉN DO LOCAL DA BANDA DE MÚSICA DE CERDEDO
O Concello de Cerdedo-Cotobade está a promover tamén reforma do. Local da Banda de Música de Cerdedo, cunha subvención solicitada á Xunta e á Deputación Provincial de Pontevedra por importe total duns 70.000 euros.
Segundo o alcalde, Jorge Cubela “estamos ante unha obra de gran interese desde o punto de vista técnico porque permitirá realizar un cambio cualitativo moi importante no noso municipio en canto á impartición de formación musical para as novas xeracións de músicos que se van incorporando ás distintas agrupacións musicais do noso municipio e que teñen nas escolas destas características unha base formativa fundamental para o seu futuro. Estamos sendo pioneiros en adecuar as infraestruturas das que dispoñemos ás necesidades do alumnado e tamén do profesorado que teñen no Concello un apoio claro e decidido para que poidan potenciar e fomentar esta actividade entre a nosa mocidade”, indicou o rexedor.




