- Acondicionaranse máis de 2.600 metros cadrados de calzada divididos en dous tramos
- A mellora conta cun orzamento de execución de 29.500 euros
O Concello de Soutomaior acaba de iniciar as obras de asfaltado e acondicionamento no camiño de Arieiro- Comboa. A mellora, financiada a través do Plan Marco da Consellería do Medio Rural, inclúe a renovación da capa de rodadura en máis de 2600 metros cadrados na contorna da praia fluvial de Comboa.
Os traballos de asfaltado dividiranse en dous tramos. O primeiro deles, de 120 metros de lonxitude por 2,6 metros de ancho, e un segundo de 336 de longo e 7 metros de anchura. Os traballos inclúen o realce das tapas de rexistro na calzada a nivel co novo firme e as correspondentes marcas viarias.
Ademais, como parte de preparación do terreo, procedeuse á regulación dalgunhas cunetas para asegurar que están libres de restos orgánicos e vexetais procedentes da limpeza das leiras e camiños. En total a mellora dotará de máis de 2600 metros cadrados de novo firme á rede viaria municipal coa intención de aumentar a seguridade e confortabilidad do tráfico ademais de previr os problemas que poidan ocasionar as choivas.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que o desexo do goberno local era realizar esta mellora se seguridade viaria antes da chegada do verán xa que “a actualización deste vial mellorará a calidade de vida de todos os veciños da zona e de moitos dos visitantes da praia fluvial de Comboa durante o período estival”.




