A Comisión de investigación sobre a desaparición de documentación na Concellería de Urbanismo, aprobada por acordo plenario do 2 de outubro de 2020, reuniuse esta mañá no salón de plenos coa presenza de integrantes dos grupos políticos municipais, técnicos da área de Urbanismo e unha representación da Asociación de Construtores de Ourense.
Nesta segunda sesión da comisión compareceu José Benito López Morenza, representante da promotora do edificio emprazado na rúa Xoaquín Lorenzo con Cardenal Quevedo.
A comisión volverá xuntarse o vindeiro luns, 10 de maio, con catro novas comparecencias.




