HomeOurenseOs tres vehículos alugados por renting para a Policía Local están asegurados...

Os tres vehículos alugados por renting para a Policía Local están asegurados até o 30 de xuño

- Anuncio -spot_img

O concelleiro Telmo Ucha presentou en xunta de área a documentación que o demostra

Os tres vehículos alugados por renting para a Policía Local de Ourense están asegurados até o día 30 de xuño. O concelleiro Telmo Ucha, presentou esta mañá na xunta de área de Seguridade Cidadá a documentación que desminte as acusacións realizadas polo BNG, que dicía que estes tres vehículos estiveran prestando servizo co seguro caducado, e avala a versión dada polo concelleiro. A empresa subministradora dos vehículos, Autos Iglesias, remitiulle ao Concello os certificados do seguro da póliza colectiva de vehículos que ten subscrita coa empresa Allianz, nos que se inclúen estes tres, e que son válidos até o día 30 de xuño.

O concelleiro lembroulle ao BNG “que non precisa andar na busca de rumores de corredor” e solicitoulle que “na medida do posible lle deixe traballar ao equipo de goberno. Temos máis que facer que andar a desmentir rumores de cafetería que só serven para confundir con información totalmente falsa”, asegurou Telmo Ucha.

Publicacións Relacionadas