Deputados do grupo provincial do Partido Popular de Pontevedra visitaron o Banco de Alimentos Rías Baixas, en Sanxenxo, para interesarse pola importante labor social e traballo dos voluntarios desta entidade, centrada no reparto de alimentos entre familias de toda a provincia.
Os voceiros do grupo, Jorge Cubela e Pepa Pardo, e os deputados do Salnés, Paz Lago e Javier Tourís, desprazáronse ata as súas instalacións, situadas no Museo das Telleiras, na parroquia de Vilalonga, e puxeron en valor o papel e da importante tarefa que están desenvolvendo “persoas comprometidas e empáticas coa situación tan difícil pola que atravesan moitas familias, unha labor solidaria aínda máis importante neste momento, coa crise económica e social que está provocando a Covid”. Por iso consideran que é fundamental que desde as administracións públicas se comprometan e apoien este tipo de iniciativas tan necesarias.




