HomeO MorrazoMarínO Concello aumenta a recollida de voluminosos e condena os verquidos incontrolados

O Concello aumenta a recollida de voluminosos e condena os verquidos incontrolados

- Anuncio -spot_img

A recollida de voluminosos é un servizo gratuíto que presta o Concello de Marín para mellorar a xestión destes refugallos. Segundo os datos pasados por Recolte, a empresa que se encarga de realizar este servizo na vila, “notouse un crecemento enorme de eliminación de voluminosos”, probablemente motivado polo confinamento, as limpezas…

Deste xeito, desde hai varios meses o Concello levou a cabo unha campaña de concienciación á cidadanía, coa colocación de adhesivos nas illas de colectores nos que se le a información do teléfono ao que é preciso chamar antes de deixar os residuos, que días está operativo e en que horario chamar.

Esta información tamén se reforzou cun vídeo con estes datos na pantalla LED informativa do Concello.

O teléfono de contacto é o 900 102 580, en horario de 09.00 a 13.00 horas. Ao chamar, os
responsables de Recolte xa indican cal é o colector no que é preciso deixar os voluminosos, que pasarán ser recollidos pola empresa.

A pesar de que segue habendo moitas chamadas e moitos veciños cumpren, “seguen detectándose verquidos incontrolados”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, polo que desde o Concello procuran reforzar esta advertencia, lembrando que segundo se recolle na Ordenanza Xeral de Protección Medio Ambiental, cometer infraccións desta índole pode conlevar multas de até 3.000 euros.

Con respecto á reciclaxe, destácase que hai tamén un lixeiro incremento na súa práctica, pero tamén e sobre todo, tal e como explica Sanmartín, “trasládanos que no que respecta ao plástico cada vez reciclamos mellor, reduciendo a porcentaxe de residuos impropios que acaban neste colector”.

Publicacións Relacionadas