HomePontevedraCaldasCoa resolución da actual OPE o Servizo Galego de Saúde incorporará con...

Coa resolución da actual OPE o Servizo Galego de Saúde incorporará con estabilidade o segundo facultativo da dotación habitual de atención primaira no Centro de Saude de Portas

- Anuncio -spot_img

A incorporación deste médico xa con praza en propiedade xurdirá da oferta de prazas para Atención Primaria que o Servizo Galego de Saúde está a xestionar en todo o Sistema Sanitario Público autonómico

A Administración Sanitaria Pública galega continuará efectuando auditorías e controis periódicos da súa dotación, infraestrutura e necesidades, de cara a avanzar no obxectivo fixado polo Servizo Galego de Saúde de acadar durante este ano 2021 o 60% de consultas presenciais nos seus centros de Atención Primaria

O Servizo Galego de Saúde, a través da súa Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, contempla incorporar con estabilidade o segundo facultativo á dotación habitual de médicos de Atención Primaria no centro de saúde do Concello de Portas.

Coa devandita incorporación deste médico xa con praza en propiedade -que xurdirá da actual OPE, a oferta de prazas para Atención Primaria que o Servizo Galego de Saúde está a xestionar administrativamente en todo o Sistema Sanitario Público autonómico- o centro de saúde de Portas volverá a contar con dous facultativos, pero sen necesidade de efectuar substitucións ou prolongacións de xornada como ata o de agora se viñan efectuando por circunstancias profesionais e de imposibilidade de cobertura contínua.

Dada a vantaxe que supón a definitiva estabilización profesional do facultativo nesta localidade á actual dotación de Atención Primaria en Portas, a Administración Sanitaria Pública galega refrenda a aposta pola continuidade asistencial no primeiro nivel da atención sanitaria pública.

Auditorías e controis periódicos
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continuará efectuando auditorías e controis periódicos da súa dotación, infraestrutura e necesidades, de cara a avanzar no obxectivo fixado polo Servizo Galego de Saúde de acadar durante este ano 2021 o 60% de consultas presenciais nos seus centros de Atención Primaria.

Publicacións Relacionadas