HomePontevedraDezaAprázase a festa do Galo de Curral de Vila de Cruces

Aprázase a festa do Galo de Curral de Vila de Cruces

- Anuncio -spot_img

Julio López confirma que se aprazará esta Festa de Interese Turístico de Galicia do último domingo de maio ao mes de setembro posiblemente


Desde o ano 1993 pódese gozar en Vila de Cruces, desta festa que enxalza este produto, co interese de promocionar un produto criado de maneira natural e en moito dos casos ao aire libre, por máis dunha vintena de produtores, unha festa gastronómica repleta de actividades culturais e musicais que logra multiplicar por 3 os seus habitantes. O segredo deste galo de curral radica na súa alimentación, xa que se cría unicamente con cereais, como millo, trigo e cebada, sen aplicar á súa alimentación ningún tipo de aditivos.

Está festa tivo que ser cancelada o ano pasado debido ao Covid-19 rompendo unha tradición anual e que seria a XXVII da súa edición. Pois despois dun ano continuamos loitando contra a pandemia, cunha excepción, que xa se están levando acabo a vacinación de toda a poboación, o que segundo as autoridades sanitarias, logrará inmunizarnos e poder volver á normalidade.


Con este motivo o responsable de Cultura e tenente de alcalde Julio López cre que esta ano 2021 se se poderá gozar novamente da afamada festa do Galo de Curral, pero aínda non podería ser, xa que se se continuase a tradición a festa tería que celebrarse a finai do mes de maio, algo que se antolla imposible, porque aínda que hoxe Vila de Cruces pode dicir que ten “0” casos de Covid-19, algúns dos seus concellos veciños están a crecer en contaxios, o que seguro nos limitaría á hora de poder promover estes produtos á máxima afluencia de visitantes.


Polo cal o grupo de Goberno decidiu aprazala, (que non suspendela) por seguridade e responsabilidade, á vez que tamén se pretende que o evento poida realizarse máis adiante ao estar avanzado a vacinación e reláxense as restricións. Julio López pensa que a data ideal sería no mes de setembro, pero quere acordar esta data, cos seus protagonistas ,que son os criadores, e xuntos chegar a un acordo para a súa celebración que sexa beneficiosa para todos e todas.

Publicacións Relacionadas