HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello aumenta a seguridade nas súas sedes municipais de Cerdedo e...

O Concello aumenta a seguridade nas súas sedes municipais de Cerdedo e Carballedo con sendos aparatos purificadores de aire anti Covid-19

- Anuncio -spot_img

Estes equipos de purificación eliminan virus, bacterias, alérxenos, fungos, mohos, cheiros e contaminantes no aire.

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de adquirir para as sedes municipais de Cerdedo e Carballedo sendos equipos purificadores de aire con filtro True Hepa indicado para actuar fronte a virus, bacterias, alérxenos, fungos, mohos, cheiros e contaminantes presentes no aire. Esta iniciativa pretende reforzar a seguridade tanto dos traballadores como dos veciños e veciñas que se acheguen a calquera destas depedencias municipais a realizar calquera trámite presencial.

O alcalde, Jorge Cubela, mantivo unha xuntanza con Silvia Lorenzo Cao, representante da empresa Proffesional Direct Salesm, marca integrada no Grupo Planeta, para coñecer en profundidade a operatividade, características e eficacia do purificador Naturair Home Plus, fabricado pola empresa surcoreana Winix, líder mundial en sistemas de limpeza de aire.
Estes equipos de desinfección adquiridos polo Concello de CerdedoCotobade permitirá unha maior garantía de seguridade sanitaria nestes edificios municipais xa que teñen un efecto purificador do aire do 99,97% a través dun sistema de filtrado en 6 fases baseado no filtro True Hepa con tratamento Cleanceal (antimicrobiano) e a tecnoloxía plasmawave, onde se xeran radicais hidróxilo que rachan estruturas moleculares de partículas tanto en suspensión como en superficies garantindo deste xeito unha purificación integral do espazo sobre o que interveñen.

Segundo o alcalde, Jorge Cubela “a incorporación destes elementos vai redundar aínda máis nos labores preventivos e nos protocolos que se seguen nos edificios municipais fronte á Covid-19 coa vantaxe de que ademais de recurrir á ventilación cruzada actuaremos con estes aparatos especialmente deseñados para purificar o aire cunha eficacia próxima ao 100% o que nos dará certa tranquilidade na preservación da seguridade sanitaria dos traballadores do Concello e tamén dos veciños e veciñas que se acheguen ata estas dependencias municipais. De tódolos xeitos non debemos esquecer seguir ao pé da letra todas as recomendacións das autoridades sanitarias como é o uso obrigatorio e ben postas das máscaras, gardar o distanciamento social e botarse xel hidroalcólico nas mans”, lembrou o rexedor.

Publicacións Relacionadas