HomePontevedraLuís Bará denuncia que a Xunta leva dez anos poñendo escusas para...

Luís Bará denuncia que a Xunta leva dez anos poñendo escusas para non facer a dragaxe do Lérez, un proxecto fundamental para a rexeneración da ría

- Anuncio -spot_img

O BNG propuxo no seu día que as lamas que sexan potencialmente tóxicas ou contaminantes sexan retiradas e tratadas en terra, porque o mar non pode seguir sendo un vertedeiro

A Xunta de Galiza leva dez anos poñendo escusas para non facer a dragaxe da desembocadura do Lérez, un proxecto fundamental para a rexeneración de 4,3 quilómetros do río, desde as Corbaceiras até a illa de Tambo.

É un paso tamén imprescindíbel para garantir a navegabilidade do río e a accesibilidade ao porto deportivo do río Lérez en Pontevedra. Este proxecto iniciouse no 2011, e a Xunta leva dez ano de escusas para non facelo.

Primeiro foi o cambio de lexislación, logo o rexeitamento por parte das confrarías, o depósito das lamas na ría de Pontevedra; máis tarde o rexeitamento tamén que estes vertidos se fixeran nos depósitos situados na boca da ría de Arousa e inmediacións da illa de Sálvora, e parécenos unha auténtica burla, un desprezo, un insulto, que a directora de Portos de Galiza poña agora a escusa da prohición por parte do goberno do Estado da utilización desa zona para os vertidos de lodos do río Lérez.

Lembramos que xa en xuño de 2019 houbo un acordo unánime no Parlamento Galego para que a Xunta elaborase unha proposta alternativa, sustentábel, para os depósitos da dragaxe do Lérez, de tal xeito que se garanta que non se afectará a ningunha das rías, en especial da de Arousa, e para cumprir este acordo, o BNG propuxo no seu día que as lamas que sexan potencialmente tóxicas ou contaminantes sexan retiradas e tratadas en terra.

Desde hai un ano estamos agardando a que se efectivice este proxecto, e esta iniciativa do BNG levarase proximamente a unha comisión paralamentaria para que adoptemos un acordo unánime no Parlamento e que, dunha vez por todas, a Xunta se poña a traballar nun proxecto viábel e sustentábel que garanta que se recupere o río, que se recupere a súa produtividade, a súa navegabilidade e a utilización con garantías do porto deportivo de Pontevedra, e que se faga un proxecto que permita a retirada e tratamento en terra deses lodos que ninguén quere e que ademais non se deben utilizar no mar, ao ser potencialmente toxicos e perigosos. “O mar debe deixar de ser un vertedeiro”, afirmou o deputado nacionalista.

Publicacións Relacionadas