- Gonzalo Jácome desprazarase a Cataluña para inspeccionar diversas instalacións de mobilidade mecánica
O tenente de alcalde, Armando Ojea Bouzo, será alcalde en funcións do Concello de Ourense desde mañá sábado, día 1, até o martes, 4 de maio, ambos incluídos, pola ausencia do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que se desprazará a Cataluña para inspeccionar diversas instalacións de mobilidade mecánica, como escaleiras, corredores móbiles, ascensores panorámicos e ascensores inclinados.
O rexedor municipal visitará o municipio de Santa Coloma de Gramenet que é, xunto a Éibar, o concello con máis elementos mecánicos en exteriores de España, 1 por cada 4.000 habitantes. O alcalde coñecerá os diferentes elementos existentes nestes intres nos que o Concello prevé desenvolver diferentes intervencións coa finalidade de mellorar a mobilidade nos barrios da cidade, cuxos proxectos están a ser rematados na actualidade con vistas á súa próxima execución.
Gonzalo Jácome asinou o decreto de delegación temporal das funcións no tenente de alcalde, consonte o disposto nos artigos 124.5 e 125 da Lei de Bases de Réxime Local e o os artigos 44 e 47 do Real decreto 2568/1986 polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.




