A charla poderase ver na canle de vídeos do centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense o 7 de maio desde as 12:00 horas
O segundo ciclo de charlas ‘Os Venres con Intelixencia Artificial’, emitidos a través da canle de vídeos do centro de Intelixencia Artificial (cIA) do Concello de Ourense, remata esta semana cun relatorio da profesora Olga Santos, da Universidade Nacional de educación a Distancia (UNED).
Bailar, tocar un instrumento musical, lanzar un tiro libre ou practicar artes marciais son algúns exemplos de actividades físicas que requiren unha práctica continuada no tempo para mellorar a execución dos movementos asociados. A Intelixencia Artificial permite desenvolver sistemas intelixentes que faciliten a súa práctica personalizada. Para iso, é necesario abordar os retos existentes tanto en relación á detección e modelado do movemento como ao deseño e a entrega do soporte personalizado que axude ao practicante para mellorar as habilidades motoras requiridas para a correcta execución dos movementos.
No relatorio analízase a situación actual en relación ao desenvolvemento de sistemas intelixentes para a aprendizaxe psicomotor e mostraranse os avances realizados na liña de investigación PhyUM (Physical User Modeling) do Departamento de Intelixencia Artificial da UNED mediante a aplicación de técnicas de Intelixencia Artificial sobre datos recolleitos con sensores inerciais.




