HomePontevedraDomínguez propón o fin dos privilexios para a totalidade dos concelleiros: “Acabouse...

Domínguez propón o fin dos privilexios para a totalidade dos concelleiros: “Acabouse o coche oficial con chofer e aparcar gratis á conta de todos”

- Anuncio -spot_img

O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou unha proposta para “implantar” un código ético que asuman todos os concelleiros: “É a nosa responsabilidade acabar cos beneficios que gozan uns poucos”

“Entendemos que unha sociedade moderna é unha sociedade na que os políticos teñen que parecerse máis aos seus cidadáns. Estes beneficios non teñen razón de ser. É o mínimo que se nos pode esixir aos políticos de Pontevedra”

Domínguez explicou que desde a súa chegada os populares non gozan de ningún tipo concesión: “Rexeitamos todas as prazas de aparcamento e pagamos todas as nosas entradas a eventos. BNG e PSOE non poden dicir o mesmo”

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou este martes unha proposta que se debaterá no Pleno municipal para poñer fin aos privilexios que teñen os concelleiros do Concello da cidade. O popular iniciou a súa comparecencia lembrando que é “responsabilidade dos propios políticos acabar con aqueles privilexios que se viñeron mantendo ao longo dos anos”: “Varias son as prerrogativas que teñen os concelleiros e o alcalde deste concello, algo que desde o noso punto de vista non deben ser aceptados nunha sociedade na que vivimos”.

En primeiro lugar, Domínguez referiuse ao chofer e ao coche oficial do alcalde. O popular solicitou a paralización da compra dun novo vehículo oficial: “O alcalde non se despraza a ningún sitio e ten infinitas posibilidades para facelo en tal caso: transporte público, taxi, ou o seu propio coche ou o doutro concelleiro. Por iso pedimos que non se compre un coche novo e Lores asuma o código ético que propoñemos”. Sobre o chofer, Domínguez pediu a recolocación do traballador “noutra función similar que poida desempeñar sen que iso menoscabe a súa posición”.

Outro dos puntos, é o feito de que o alcalde e os concelleiros do BNG e do PSOE dispoñan dunha praza pública polo simple feito de selo: “Isto é especialmente sanguento nunha cidade na que o aparcamento é tan complexo e tan caro. Por tanto, entendemos que tanto o alcalde como os concelleiros que queiran aparcar na nosa cidade teñen dúas opcións: a primeira, pagarse un aparcadoiro como facemos todos os pontevedreses; a segunda, buscar aparcamento”.

“Outro privilexio inaceptable neste momento no que gozan os concelleiros tanto do BNG como do PSOE de ter á súa disposición entradas para espectáculos de pago. Non nos parece ético nin moral que en espectáculos aos que os concelleiros poden acceder pagando a súa entrada poidan ir @gratuitamente”, propuxo o popular, que se que a diferenciado a posibilidade de que os concelleiros poidan seguir acudindo @gratuitamente a aqueles espectáculos organizados polo Concello nos que a representatividade dos concelleiros “solicítese e sexa importante estar”.

“Non se xustifica que os concelleiros accedan a concertos e espectáculos saltándose o pago das súas entradas o que supón un privilexio que entendemos inaceptable. Por tanto, outra das peticións do PP a de que os concelleiros non teñan acceso a estes billetes ou entradas que poden conseguir pagándoa. Excluímos aquí ao alcalde, pois entendemos que calquera espectáculo que se produza na nosa cidade pode ter e debe ter a representatividade do noso máximo responsable”, engadiu Domínguez.

Para rematar, Domínguez explicou que estes privilexios “xa renunciaron os concelleiros do Partido Popular desde hai algo máis de dous anos, pero entendemos que unha sociedade moderna é unha sociedade na que os políticos teñen que parecerse máis aos seus cidadáns estes privilexios non teñen razón de ser”.

Publicacións Relacionadas