HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela asina o convenio que transfire 35.000 euros de fondos propios á...

Cubela asina o convenio que transfire 35.000 euros de fondos propios á Xunta con destino a completar as axudas da Xunta á hostalería local

- Anuncio -spot_img

Cubela: “Nós predicamos co exemplo. Buscamos o xeito de que as axudas cheguen o máis axiña posible ás familias que máis as precisan e cremos que en breve empezarán a ser abonadas”

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela López, asinou xa o convenio establecido coa Xunta de Galicia a través do cal a adminstración local transfírelle 35.000 euros ao fondo do 2º Plan de Rescate para que os 35 establecementos de hostalería do
municipio, que solicitarion as axudas, reciban a máis 1.000 euros cada un procedentes das arcas do Concello.

Este acordo rubricado polo alcalde Jorge Cubela foi obxecto dunha recente xuntanza co vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, onde o rexedor expresoulle o seu desexo de que se tramiten canto antes as axudas co fin de que cheguen o máis axiña posible as familias que máis o precisan e que están nunha situación desesperada.

Cubela manifestou que “nós predicamos co exemplo. Buscamos o xeito de que as axudas cheguen o máis axiña posible ás familias que máis as precisan e cremos que en breve empezaran a ser abonadas xunto coas autonómicas ás que teñen dereito. Quixemos desde un principio evitar o máximo de trámites administrativos posibles, que seguiran un método
garantista e efectivo e cremos que a Xunta ten a experiencia suficiente e a capacidade operativa para que así sexa. De feito non é que sexa a primeira administración que acude en socorro da hostelería local senón que, ata o momento, é a única que o fixo polo que cremos que acertamos no modelo de tramitación”, indicou o alcalde.

Co aporte destes 35.000 euros de fondos propios ao 2º Plan de Rescate posto en marcha pola Xunta de Galicia para os hostaleiros do municipio, o Concello de Cerdedo-Cotobade fará un esforzo orzamentario extraordinario porque “é nestes momentos cando hai que deixarse de palabrerías e predicar co exemplo. Aquí é onde se demostra que o noso Concello é solidario, cando se pasa das palabras bonitas aos feitos concretos, porque hai moitas familias no municipio de Cerdedo-Cotobade que o están pasando moi mal e precisan da nosa axuda xa”, manifestou o alcalde.

Segundo Jorge Cubela, “tomamos esta decisión de unir esforzos e recursos para que os nosos hostaleiros non teñan que peregrinar de ventanilla en ventanilla e facer farragosos trámites administrativos para acceder ás axudas. Así, cunha administración única acúrtanse prazos e faise menos papeleo. A xente quere solucións e non que a mareen de ventanilla en ventanilla para cobrar as axudas ás que teñen dereito”.

CUBELA: “HAI QUE DEIXARSE DE PREDICAR E DAR MÁIS TRIGO”
Cubela sinalou que “o aporte de 35.000 euros de fondos propios do Concello de Cerdedo-Cotobade supoñen un esforzo importante para as arcas municipais, pero somos conscientes de que hai que facelo. É máis que un xesto, é un exemplo de solidariedade colectiva de toda a veciñanza coa hostalería, a principal afectada polas consecuencias económicas da pandemia”.

Finalmente, en clara referencia á Deputación de Pontevedra, lembrou que “outras que teñen remanentes moi substanciosos, uns 20 millóns de euros, prefiren quedarse en enredos e politiqueos baratos para escurrir o bulto cara outro lado sen aportar solucións concretas que lle demanda a veciñanza. Aínda que pareza un tópico, en casos como estes hai que deixarse de predicar e dar maís trigo”, concluíu Jorge Cubela.

Publicacións Relacionadas