O grupo de goberno do Concello de Ourense incorporou ao seu persoal eventual a Aníbal Pereira, que desenvolverá o seu labor na área de Deportes. O ex futbolista entre outros de CD Ourense e Ponte Ourense exercerá de nexo coa Alcaldía, e será o encargado de relacionarse cos traballadores do Consello Municipal de Deportes e os clubs da cidade.
Un dos primeiros labores será a posta en marcha dun subvencións nominativas a diferentes clubs de base da cidade, que verán incrementada a súa partida para paliar a nova realidade Covid. Neste sentido, aplicarase o lema “ningún neno fóra”, xa que ninguén quedará sen acceso ao deporte base por cuestións de renda familiar.
O novo traballador municipal tomou posesión esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense.




