A mesa de negociación do Concello de Ourense, na que participan o concelleiro de Recursos Humanos, Armando Ojea, técnicos municipais e os sindicatos con representación no Concello, reuniuse esta mañá no Salón de Plenos. Na xuntanza, a Administración presentou tres propostas de modificación da relación de postos de traballo do Concello de Ourense:
1/2021: determinación de postos susceptibles de provisión por concurso específico no Concello de Ourense e no Consello Municipal de Deportes
2/2021: creación de postos para adscricións do persoal laboral indefinido por sentenzas xudiciais do Concello de Ourense
3/2021: de reordenación do Servizo de Contratación. I
“Estamos seguindo o diálogo cos sindicatos e avanzando nas negociacións para que a parte dos traballadores estea cada vez máis integrada e poder así prestarlles mellor servizo aos cidadáns, que é en última instancia do que se trata”, subliñou ao remate da xuntanza o concelleiro Armando Ojea, quen incidiu na importancia da reorganización da área de Contratación.
“É fundamental -dixo- porque a contratación por parte das administración públicas e cada vez máis complexa e a normativa é cada vez máis restritiva”. Neste senso, avanza que “na nosa proposta proponse cuadriplicar o número de persoas adscritas e unha reconfiguración do organigrama” deste servizo municipal.




