A obesidade e a diabetes son dúas enfermidades que teñen parte da súa orixe en malos hábitos, algo que a Uvigo e o Concello de Marín queren revertir entre a poboación nova, que se beneficiará deste Proxecto Edukasano.
A alcaldesa, María Ramallo, e o vicerreitor do Campus de Pontevedra da Uvigo, Jorge Soto, firmaron o convenio de colaboración entre ambas institucións esta mañá.
A alcaldesa, María Ramallo, e o vicerreitor do Campus de Pontevedra da Uvigo, Jorge Soto, firmaron esta mañá un convenio de colaboración entre a administración local de Marín e a institución educativa para poñer en marcha no municipio o Proxecto Edukasano.
O obxectivo do proxecto é o de incrementar o coñecemento entre a mocidade sobre a orixe de determinadas enfermidades como a diabetes ou a obesidade a través de iniciativas educativas innovadoras. O fin último ten que ver coa mellora dos hábitos de vida da poboación relacionados coa práctica da actividade física e dunha diesta equilibrada, baseada na adherencia a unha dieta atlántica.
“Para xerar cambios nos modelos de comportamernto e nos hábitos é fundamental actuar desde a Escola ata os medios sociais, porque é indudable o papel que teñen os profesionais, o profesorado e os educadores”, explican desde a Uvigo.
De xeito específico, realizarase unha avaliación diagnóstica entre a mocidade sobre alimentación saudable e actividade física, para deseñar un programa baseado no contexto social e medio ambiental. Avaliaranse tamén que pode entorpecer á adopción de estilos de vida saudables entre a veciñanza e estableceranse as bases que permitan un cambio de modelo neste sentido, transmitindo valores e hábitos relacionados coa alimentación variada, sana, equilibrada e coa práctica regular de actividade física.




