HomePontevedraO CondadoSalvaterra de Miño conmemora o Día das Letras Galegas

Salvaterra de Miño conmemora o Día das Letras Galegas

- Anuncio -spot_img

Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á creadora, editora, tradutora e mestra Xela Arias, o Concello de Salvaterra de Miño
conta con dúas actividades, unha presencial e outra en liña, dirixidas aos nenos e nenas do noso Concello.

A primeira “unha tarde con Xela” será o día 13 de maio no parque “A Canuda”, en horario de 18:00- 19:00 h. A actividade consiste nunha xincana onde en pequenos grupos os nenos e nenas farán un pequeno percorrido con diferentes postos onde estarán @s animador@s. Algúns deles estarán caracterizados de escritores ou escritoras, as que tamén se lles adicou o día das letras galegas. En cada posto terán que superar unha proba diferente de destreza, habilidade, enxeño… si superan a proba, se lles entrega un anaco dun poema de Xela Arias. Cando teñan todos os anacos, terán que lograr reconstruír o poema de Xela Arias. Tod@s @s participantes recibirán un agasallo dun conto ilustrado en galego.

A segunda “caderno de Xela Arias para facer o meu conto” será o 14 de maio ás 17:30h.

Para visualizalo se colocará un enlace, na páxina web, e no Facebook do Concello, para que @s cativ@s e as familias, inclusive as escolas poidan, visualizalo no horario que lles vaia ben. Estará dispoñible un mes.

O Obradoiro será elaborar un caderno con elementos cotiás e material de refugallo, para desenvolver online cada cativ@ dende a súa casa. Poderán facer esta manualidade relacionada coas letras galegas e en concreto coa homenaxeada este ano Xela Arias.

Publicacións Relacionadas