· Os populares recoméndanlle ao alcalde que retrase eses traballos ata que teña rematados os outros para evitar máis problemas circulatorios e dispor de lugares para estacionar.
· Os comerciantes detectan fugas de clientes cara outros lugares ante unha planificación errática do alcalde que impide que os usuarios poidan facer as súas compras con comodidade en Ponte Caldelas.
O Partido Popular de Ponte Caldelas considera unha falta de planificación total e de consideración para os establecementos comerciais e os veciños a posta en marcha de xeito simultáneo de varias obras no centro da vila que están a provocar cortes de tráfico e diminución da mobilidade no muncipio coa conseguinte incomidade para os usuarios que buscan outros lugares para facer as súas compras.
Os populares pídenlle ao alcalde que retrase o inicio das obras na rúa da Ponte, a arteria principal de circulación polo centro da vila, mentras non teña restablecido o tráfico na Avenida de Galicia e na Avenida de Vigo, cara ao Balneario, que se atopan levantadas e sen acceso rodado en automóbil.
Asemade, o Grupo Municipal do Partido Popular, solicitaralle no vindeiro Pleno ao alcalde que reconsidere o cambio de sentido da circulación do Paseo Cordo Boullosa, agora de baixada, pola súa confluencia coa ponte e co restablecemento das zonas de estacionamento no Paseo da Calzada que converten a difícil incorporación á rúa da Ponte nun auténtico funil.
Por outra banda, os populares faranse eco no vindeiro Pleno das queixas transmitidas polos comerciantes sobre o perxuizo que estas obras sin planificación están a ocasionar na maltreita economía local xa que teñen detectado fugas de clientes cara outros sitios ante a imposibilidade de estacionar ou mesmo circular con certa comodidade polo centro da vila. Así, moitos clientes dos arredores emprenden camiño cara outros lugares onde está garantida a mobilidade e unha mellor capacidade de estacionamento.
Para os populares, o Grupo de Goberno adolece de planificación e capacidade de xestión e móstrase indolente de cara a un problema que padecen tanto os establecementos comerciais como os veciños e veciñas dos distintos lugares do municipio que se achegan a realiza-las súas compras e xestións ata Ponte Caldelas.
SEIS ANOS PROMETENDO OS APARCAMENTOS DO INSTITUTO E DE DETRÁS DA LUDOTECA E SEGUEN SEN MATERIALIZARSE
Finalmente, os populares amosan a súa preocupación polo incumprimento das promesas do alcalde que leva 6 anos asegurando que vai solucionar os problemas de aparcamento no centro da vila e que vai a habilitar unha zona de estacionamento xunto ao instituto a través da adquisición duns terreos á Comunidade de Montes de Cuñas e todavía non avanzou nada. “O mesmo o corre cos que prometeu situar detrás da Ludoteca, pese a que nós suxerimoslle que os fixera diante e trasladara o parque infantil para unha zona máis protexida na parte posterior do edificio e a Galiña Azul, segue empeñado en facelo diante dos espazo polo que acceden pais e cativos. Aínda así, seguen pasando non so os meses senón os anos e de momento non hai xestión efectiva sobre este tema e o caos circulatorio vai en aumento”, indicaron desde o Grupo Municipal do PPdeG en Ponte Caldelas.




