HomePontevedraPonte CaldelasVeciños de Baltar (Ponte Caldelas) analizan en asemblea os movementos das empresas...

Veciños de Baltar (Ponte Caldelas) analizan en asemblea os movementos das empresas eólicas nas proximidades deste barrio de Xustáns

- Anuncio -spot_img

Estudian crear unha plataforma de afectados para informar e opoñerse á instalación de aeroxeradores nas proximidades e redes de evacuación eléctrica de media ou alta tensión

Veciños de Baltar contrarios á ubicación nas inmediacións dos seus fogares de proxectos eólicos ou redes de evacuación eléctrica de media ou alta tensión procedente de aeroxeradores celebraron unha asemblea en Cristo Rei para impulsar a súa autoorganización a través da constitución dunha plataforma de afectados ou unha asociación que defenda os intereses sanitarios e medioambientais dos residentes neste barrio da parroquia de Xustáns (Ponte Caldelas).

A asemblea autoconvocada polos propios veciños permitiu a xuntanza de medio cento de persoas preocupadas polas actividades detectadas nos últimos días consistentes en visitas a propietarios particulares de terreos e membros de comunidades de montes para, ao parecer, recaba-la súa colaboración co fin de logra-la a cesión do dereito de paso sobre os seus terreos dunha rede de evacuación eléctrica de media ou alta tensión procedente de aeroxeradores que se pensan ubicar na zona.

Despois de facer unha posta en común da información dispoñible, decidiron dirixirse por escrito á Xunta para verificar que proxectos eólicos poderían estar detrás destes movementos e coñecer en que situación se atopan a nivel de autorizacións e tramitacións ante a administración autonómica co fin de poder presentar alegacións en contra dos mesmos.

Asemade, acordaron trasladar esta postura á vindeira asemblea xeral de comuneiros de Baltar que terá lugar o vindeiro domingo 16 de maio onde esperan conseguir o respaldo maioritario da Comunidade de Montes para opoñerse á autorización de paso desa suposta rede de evacuación así como a novos proxectos eólicos para a zona.

Publicacións Relacionadas