HomePontevedraO concello de Soutomaior abre un novo vial de acceso ao Peirao...

O concello de Soutomaior abre un novo vial de acceso ao Peirao de Arcade

- Anuncio -spot_img
  • Acéiralas contorna ao edificio multiusos ampliaranse ata os 3 metros de ancho e crearanse 30 novas prazas de aparcamento
    O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de acondicionamento e humanización dun novo vial en Arcade para dar acceso e servizo ao Peirao de Arcade. A mellora eliminará un antigo almacén privado de materiais de construción xunto ás vías do tren e dotará á contorna do edificio multiusos de Arcade de novas beirarrúas de tres metros de ancho e unha zona de aparcamento con 30 novas prazas.
    A nova calzada terá unha lonxitude de máis de 80 metros e conectará o pequeno viario que dá acceso ao edificio multiusos coa rúa carburos, urbanizando por completo o perímetro de todo o recinto. Ademais, dotará á zona de case 4.000 metros cadrados de novo pavimento polo que se circulará en sentido único ata o cruzamento con Carburos, que se será de dobre sentido e por onde se poderá acceder directamente á zona do Peirao.
    O novo vial contará con todos os servizos municipais habituais como o sistema de iluminación de baixo consumo, as marcas viarias, a sinalización e a rede de recollida de augas pluviais, que se ampliará coa instalación dun novo ramal de 110 metros de longo con 3 pozos e 6 sumidoiros para a captación. Ademais, instalaranse dous novos tramos de beirarrúa, un de 24 metros por 1,8 de anchura e outro de 60 metros de lonxitude e 3 metros de ancho.
    O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, visitou esta mañá o avance dos primeiros traballos de demolición das antigas beirarrúas indicando a gran diferenza destas coas proxectadas. “As novas serán tres veces máis anchas que as actuais”, comparou o edil, que explicou que, coa creación e urbanización deste novo vial, darase continuidade á calzada e ás beirarrúas de toda a mazá do edificio multiusos de Arcade e do novo aparcamento que se situará ao final da rúa, “o que axilizará o tránsito de vehículos e de persoas en toda a zona”, explicou Reguera.
    Do mesmo xeito, o edil indicou que coas novas prazas facilitarase o estacionamento en toda a zona do Peirao e no centro de Arcade. “Os vehículos que logo aparquen regularmente aquí e1 starán liberando as prazas que ocupaban nas súas antigas zonas de aparcamento, o que facilitará esta tarefa a veciños de toda a zona”, explicou Reguera destacando que o seu efecto notarase “Especialmente durante o verán pola gran afluencia de visitantes que chegan nos seus propios vehículos”.
    A actuación conta cun orzamento de execución material de 88.000 euros, cifra que o Concello de Soutomaior financiará a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas