HomeOurenseA rúa Lamas Carvajal permanecerá pechada ao tráfico dende este mércores, 12...

A rúa Lamas Carvajal permanecerá pechada ao tráfico dende este mércores, 12 de maio

- Anuncio -spot_img

Durante o próximo mes procederase á renovación do pavimento danado nesta zona

A rúa Lamas Carvajal permanecerá pechada ao tráfico dende o mércores, 12 de maio, para proceder á renovación do pavimento danado nesa zona. Comezan así as actuacións de mellora de pavimentos pétreos en varias rúas do centro histórico, concretamente nas rúas Lamas Carvajal, Paseo, San Miguel e praza de Santa Eufemia.

Deste xeito, dende este mércores non se poderá circular tanto pola rúa Lamas Carvajal como pola avenida de Pontevedra, xa que se comezará con esta actuación na intersección de ambas rúas.

Este peche pode durar arredor dun mes, pois amais da tarefa de colocación das pedras será preciso agardar a que fragüen os morteiros que se van empregar.

O importe destas actuacións é de 31.372,25 euros.

Publicacións Relacionadas