HomeDeputaciónsDeputación OurenseUn proxecto da Deputación de Ourense, compite nos “Óscar” dos proxectos dixitais

Un proxecto da Deputación de Ourense, compite nos “Óscar” dos proxectos dixitais

- Anuncio -spot_img

O traballo coordinado polo enxeñeiro informático Fernando Súarez, director da área de Transparencia e Goberno Aberto, sobre a transformación dixital na provincia de Ourense, finalista dos European Dixital Mindset Awards

Un proxecto da Deputación de Ourense compite nos “Óscar” dos proxectos dixitais, aspirando a un de premios máis importantes no ámbito da denominada “aceleración dixital”. Trátase dunha iniciativa coordinada polo enxeñeiro informático Fernando Suárez, director da área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, cuxo traballo titulado “Transformación dixital integral da provincia de Ourense” (Ourense Province Holistic Dixital Transformation) foi seleccionado como finalista dos “ European Dixital Mindset Awards”, considerados uns dos galardóns máis prestixiosos no ámbito da tecnoloxía polo seu enfoque innovador; o desenvolvemento da experiencia do usuario; a xestión tecnolóxica nos seus procesos e o impulso á creación de novos modelos de negocio dixital. Están destinados a recoñecer os proxectos máis vangardistas, os casos de liderado e o labor na transformación dixital.

A Deputación de Ourense compite na categoría de Mellor Acelerador Dixital do Sector Público, un apartado que recoñece o traballo do sector público en iniciativas que teñen como obxectivo a transformación dixital. A cerimonia de entrega terá lugar o próximo 19 de maio no recinto feiral de IFEMA, en Madrid, onde se darán a coñecer os gañadores en cada un dos apartados.

Os European Dixital Mindset Awards 2021 están dirixidos a empresas, universidades, escolas de negocios, académicos, investigadores, analistas, startups, aceleradoras, parques científicos e tecnolóxicos, administracións e centros de innovación de todo o mundo, que se identifiquen co desenvolvemento dixital. As propostas estúdanse por un xurado formado por expertos en dixitalización, emprendedores de recoñecido prestixio e investidores, que valorará cada traballo en función do impacto que tivese en innovación, liderado, disrupción, estratexia e execución.

Publicacións Relacionadas