A sentenza, ditada pola sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, avala a actuación da Concellería de Urbanismo pola que se denegou licenza de ocupación
O Concello negoulle licenza de primeira ocupación ao entender que existían modificacións substanciais no proxecto de obra
Ourense, 12 de maio de 2021.-
A sección segunda da sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación interposto pola promotora do edificio emprazado na confluencia das rúas Cardenal Quevedo e Xaquín Lourenzo contra a sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense do 21 de novembro de 2019, que á súa vez desestimaba un recurso contra un acordo de xunta de goberno local de febreiro de 2018.
A sentenza avala a actuación da Concellería de Urbanismo.




