HomeOurenseDesestimado o recurso sindical contra as bases para a creación do posto...

Desestimado o recurso sindical contra as bases para a creación do posto de director de Recursos Humanos

- Anuncio -spot_img

O xulgado do Contencioso Administrativo n.2 de Ourense obriga os reclamantes a facerse cargo das costas do proceso.

Catro meses atrás, desestimárase tamén o recurso que este mesmo sindicato presentou contra a creación do posto.

O xulgado do Contencioso Administrativo n.2 de Ourense desestimou o recurso contencioso administrativo interposto polo sindicato CSIF contra o Decreto da Concellería de Recursos Humanos do 22 de outubro de 2019 polo que se aproban as bases para a provisión do posto de director xeral de Recursos Humanos.

A reclamación do sindicato CSIF baseábase na categoría laboral dos aspirantes -funcionarios de entidades vinculadas ou dependentes das administracións públicas ou con habilitación de carácter nacional dos grupos A ou A1-, no coñecemento do idioma galego e na condición de persoal directivo.

O fallo, que corrobora os argumentos presentados polos servizos xurídicos municipais e polo propio director xeral de Recursos Humanos do Concello de Ourense -que interviu na súa propia defensa durante o xuízo- establece que o sistema empregado polo Concello de Ourense é conforme a Dereito ao axustarse aos requisitos establecidos na Lei de Emprego Público de Galicia, e que respecta os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

Catro meses atrás, desestimárase tamén o recurso que este mesmo sindicato presentou contra a creación do posto.

Contra esta sentenza poderase interpor recurso de apelación na Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Publicacións Relacionadas