HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO Museo convida a toda a cidadanía a celebrar o Día Internacional...

O Museo convida a toda a cidadanía a celebrar o Día Internacional dos Museos cun acto participativo

- Anuncio -spot_img

A programación exténdense toda a próxima semana multiplicando as visitas guiadas habituais, con recitais de piano e un concerto

O Museo de Pontevedra vai celebrar o Día Internacional dos Museos que se conmemora o vindeiro 18 de maio cunha ampla programación que pretende contar cunha grande implicación da veciñanza. O calendario arrincará o martes cunha creación artística participativa na que se convida a toda a cidadanía e continuará con máis visitas guiadas, recitais de piano e concertos que se realizarán durante toda a semana.

O martes 18, día central da celebración que este ano ten como lema ‘O futuro dos Museos: recuperar e imaxinar’, realizarase unha actividade creativa colaborativa buscando activar o espazo do museo como lugar de acción aberto e participativo. Invitarase a diferentes axentes sociais e culturais da cidade (Amencer, Xuntos, Juan XXIII, ASSEI, Taller Abierto e a Facultade de Ciencias da Educación), así como a calquera persoa que queira, a imaxinar o museo do futuro e plasmar a súa idea na cristaleira do edificio.

A creación artística xirará en torno a dúas fases de execución. A primeira será a creación da imaxe matriz a cargo e Iciar Ezquieta, Begoña Paz, María Paz, María Covadonga e Laura Otero, para despois pasar á parte conxunta ao longo de todo o día desde as 11 ata as 19 horas, na que se pretende que participen o maior número de persoas posibles.

O mesmo martes haberá máis visitas guiadas, que serán con inscripción previa mediante correo electrónico, nos horarios de 11 e 12 horas pola mañá e 18 e 19 horas pola tarde. Tamén haberá un recital de piano a cargo de María Domínguez Pérez, unha pianista de formación internacional que realizará dous pases, á unha da tarde e ás oito da noite.

O mércores 19 farase unha visita guiada ás coleccións nun único horario (18 horas) e previa inscripción. O xoves 20 abrirase a exposición ‘Galiza. De Nós a nós’, haberá visita guiada ás Ruínas de San Domingos ás 12 horas (sen inscrición previa) e outra visita guiada ás coleccións permanentes ás seis da tarde (previa inscripción).

O venres 21 haberá tamén visita ás coleccións (18h) previa inscripción, e o sábado 22 unha visita acompañada á exposición “Galiza. De Nós a nós” ás 12h (con inscripción previa). Tamén se celebrará un concerto a cargo de Laura Lamontagne ás 22.00 horas.

Para a solicitude de visitas con inscripción previa o horario de atención de correo electrónico educación.museo@depo.es será de 8.00 a 14.30 de luns a vernes. Para reservar durante a fin de semana é preciso chamar ao 986 80 41 00.

Publicacións Relacionadas