HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello de Cerdedo-Cotobade alegará contra o parque eólico Porto Vidros e...

O Concello de Cerdedo-Cotobade alegará contra o parque eólico Porto Vidros e anima aos veciños a presentar recursos

- Anuncio -spot_img

• A administración local ampará as súas reclamacións nos informes dos técnicos municipais e nos traballos da empresa Tysgal, consultora especializada na defensa medioambiental

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presidiu no Centro Cultural de Cerdedo a xuntanza veciñal e da Comisión de Seguemento sobre os parques eólicos creada polo Concello e da que forman parte técnicos municipais e membros das comunidades de montes
así como os voceiros da oposición e á que asistiu medio cento de persoas que interviron de xeito activo e participativo.

Previo ao inicio da xuntanza, o alcalde cedeulle a palabra aos responsables da empresa Tysgal, consultora especializada na defensa medioambiental contrada polo Concello de Cerdedo-Cotobade para levar a cabo as alegacións que o Concello presentará en defensa dos intereses dos veciños e dos lugares ante a presenza de numerosos proxectos que teñen
como obxectivo de implantación este municipio.

Nesta xuntanza analizaron o Parque Elólico Porto Vidros que ten de prazo para presentar alegacións ata o vindeiro venres 21 de maio polo que os traballos desta Comisión no día de hoxe centráronse, fundamentalmente, en atender as demandas relativas a este proxecto.

O Concello xa adiantou que redactará as súas alegacións a este parque por considerar esaxerada a concentración de proxectos eólicos no municipio que afectarían de xeito directo á beleza paisaxística e medioambiental así como ao xeito de vida de moitos lugares que se poden ver alterados pola presenza cercana ás casas de aeroxeradores. Tamén incidirán na
posiblidade de que varios proxectos eólicos estivera burlando o procedemento administrativo axeitado a través dunha fragmentación interesada para evitar que se evalúe na súa totalidade o verdadeiro impacto medioambiental que ocasionan y, deste xeito, sufrir un proceso de revisión menos exhaustivo que si fora un proxecto global.

Jorge Cubela animou aos veciños e comunidades de montes presentes a consultar aos servizos técnicos municipais e a esta empresa para, si o consideraban oportuno, sumarse ás alegacións que presentará o Concello ou mesmo a emprender todas aquelas reclamacións ou observacións que consideraran oportunas e que quixeran presentar antes de que remate o prazo o vindeiro 21 de maio.

O compromiso acadado pola empresa e o propio alcalde é que o borrador de alegacións do Concello estaría preparado o vindeiro martes para ser trasladado con urxencia aos veciños coa intención de que puideran introducir algunha alegación máis ou mesmo emprender outras diferentes pola súa conta.

Para poder acceder ao asesoramento da técnico municipal de medioambiente poderán face-lo, previa cita, a partir do mércores onde o Concello conta con poder ter toda a documentación a disposición daqueles veciños ou comunidades de montes que queiran consultala.

Pola súa banda, Jorge Cubela reiteriou a máxima disposición do Concello a colaborar cos veciños e coas comunidades de montes no traslado inmediato de información e transparencia e a manter abertas tódalas canles posibles de colaboración ante un problema que afecta a todo o municipio. O alcalde mantivo activa a Comisión de Seguemento que
seguirá facendo os seus traballos a medida que vaian avanzando os acontecementos en materia de parques eólicos.

Publicacións Relacionadas