· Cada anualidade foi menguando a capacidade operativa municipal por unha política errática de despilfarro que lle impide pagar as obras que está afrontando
· Co peche das contas do ano 2020, o interventor presentou un informe desolador da situación económica do Concello de Ponte Caldelas e conminaba ao alcalde a endereza-lo rumbo e á contención do gasto “a efectos de reverter a situación que se está a xerar e que en último caso conducirá a un deterioro da situación económico-financeira do Concello, de persistir a obtención de resultados orzamentarios negativos”.
O Partido Popular de Ponte Caldelas contempla con preocupación os preparativos que leva a cabo o alcalde Andrés Díaz para solicitar o seu 4º préstamo para o Concello que situará a débeda viva da administración local en casi 1.700.000 euros, a máis alta dos últimos anos.
A decisión de pedir un cuarto crédito ben motivada por unha xestión económica nesfata que provocou que nos últimos anos se dilapidara a liquidez de tesourería que dispoñía o Concello para acudir á contratación de obras cofinanciadas por outras administracións ou entidades. Así, agora a posta en marcha das obras da Avenida de Galicia e da Avenida de Vigo, con fondos europeos, provócalle un quebranto económico e de tesourería tal que lle impide afrontar eses compromisos tendo que recurrir a un cuarto crédito por importe de 662.277,28 euros que sumados aos que tiña xa acumulados fan que o Concello de Ponte Caldelas ascenda a súa débeda viva ata 1.641.830,03 euros, cun orzamentos municipais totais recentemente aprobados para o 2021 de 3,8 millóns de euros.
Para o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antón Xil, a noticia dun novo préstamo para o Concello aínda que non colle por sorpresa aos grupos da oposición “deixa unha cousa ben clara que é que as administracións financieramente responsables non teñen que pedir crédito, préstamo ou unha póliza para poder cofinanciar actuacións con outras administración. Hai concellos próximos ao noso e de tódolas cores políticas, que xestionan subvencións, convenios, investimentos e todo tipo de actuacións cofinanciadas e nunca tiveron que recurrir á contratación dunha póliza para atender esas obras. O que pasa en Ponte Caldelas é anómalo e froito dunha mala xestión económica e irresponsable que fai que se dilapiden os cartos dos veciños e veciñas sen ningún tipo de control e así nos vai”.
CARRUSELL DE FACTURAS SEN PAGAR A PROVEDORES DESDE O ANO 2016 A 2020
O voceiro do PP recordou a nefasta xestión económica de Andrés Díaz nos últimos anos pasando de recibir unha ecomomía saneada e solvente a ter que arrastrar o impago de facturas exercicio tras exercicio. Así, no ano 2016 deixou facturas sen pagar por importe de 95.000 euros, que pasaron ao exercicio contable seguinte. No 2017 a cifra subiu a 170.000 euros. No 2018, os impagados que se levaron a recoñecemento extraxudicial de débeda ascenderon a 256.647 euros. No 2019 o peche contable reflectía que había facturas por importe duns 700.000 euros sen abonar que tivo que arrastrar ao ano seguinte e, no pasado ano 2020, en pleno pandemia da Covid e sen festas e paparotas, a mala xestión fixo que un total de 467 facturas quedaran sen pagar a provedores por un importe que se achegou aos 404.000 euros.
O INTERVENTOR LEVABA ANOS ADVERTÍNDOLLE DA SÚA MALA XESTIÓN ECONÓMICA
Proba desta mala xestión é que o resultado orzamentario do Concello de Ponte Caldelas durante o pasado ano foi negativo, ofrecendo un resultado de MENOS -368.977,43 euros. Así, o interventor, no seu informe de peche contable fai constar o incumprimento da estabilidade orzamentaria e da regra de gasto e dille, a modo de recomendación: “Reitérase que esta situación, advertida xa con ocasión da liquidación do orzamento para o exercicio 2019, reafirma a necesidade de promover unha política de contención do gasto a efectos de revertir a situación que se está a xerar, e que en último caso conducirá a un deterioro da situación económico-financeira do Concello, de persistir a obtención de resultados orzamentarios negativos. A obtención dun Resultado Orzamentario indica que o Concello está nunha situación en que esgota a capacidade de gasto do orzamento, de xeito que de non adoptar medidas se pode provocar un rápido declive da situación económico financeira. Na situación que se desprende deste Resultado orzamentario, o axuste debe vir do lado do gasto, adoptando as medidas necesarias para a contención deste, cando menos, na mesma medida que se revela insuficiente o ingreso para o financiamento dos gastos orzamentarios tal e como se deriva da magnitude que estamos a analizar, isto é, no importe do resultado orzamentario producido…”
Desde o PPdeG xa lle advertíamos ao Sr. Díaz de que este “modus operandi” ten a súa caducidade no tempo e avoca ao Concello a ter que solicitar novos créditos para garantir o seu funcionamento, como finalmente está a pasar. Está a esgotar a súa inxeñeria financeira aprazando as débedas de ano a ano xogando cos impagos a provedores facendo cadrar as contas cos recoñecementos extraxudiciais que aumentan cada exercicio de xeito exponencial facendo recaer sobre os provedores locais o financiamento da súa nefasta xestión económica dándose o caso de que xa hai algún que prefire non contratar co Concello para evitar a morosidade e o retraso nos pagamentos.




