Se disputará esta fin de semana no novo pavillón deportivo municipal de Tui
Mañá xoves 20 de maio, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar o acto de presentación da Final Four que o equipo sénior do Club Balonmán Tui disputará o próximo sábado e domingo, polo ascenso á Primeira Autonómica.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a Deputada Provincial da Deputación de Pontevedra, Iria Lamas, o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, o concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez, o vicepresidente e a presidenta do Comité de Apelación da Federación Galega de Balonmán, Fernando Mosquera e Laura Solla, o presidente e vicepresidente do Club Balonmán Tui, Pablo Rodríguez e Manuel Pons e o capitán do equipo sénior masculino, Pablo Domínguez.




