HomePontevedraPonte CaldelasO PPdeG proporá ao Pleno que o Concello solicite á Xunta a...

O PPdeG proporá ao Pleno que o Concello solicite á Xunta a transferencia a patrimonio municipal do vial interior de Forzáns

- Anuncio -spot_img

· Considera que polas súas características debería pasar a titularidade municipal como se fixo no seu día cos de Tourón e de Vilarchán.

· A medida facilitaría unha mellor integración dotacional dos servizos comunitarios existentes e harmonizaría o uso da senda peonil co acceso ao Centro Sociocultural, ao parque infantil, ao torreiro das festas, á Igrexa e ao cemiterio.

O Partido Popular de Ponte Caldelas proporá á Corporación Municipal, durante a celebración do vindeiro Pleno que terá lugar o xoves 27 de maio, que se aprobe a súa proposta de que o Concello solicite á Xunta a transferencia a patrimonio municipal do vial interior de Forzáns que vai desde o lugar da Feira ata a rotonda de entrada cara a Fornelos de Montes, ao igual que se fixo hai tempo co de Tourón ou o de Vilarchán.

Os populares argumentan esta petición en que unha vez avanzado o tempo e coa variante da PO-255 en pleno funcionamento, a estrada interior de Forzáns denota o seu decaimento como estrada autonómica e colle máis razón de ser como vial interior de comunicación veciñal entre os residentes nesta parroquia.

Por outra banda, e paralelamente a esta circunstancia, as normativas que impón unha vía autonómica convencional resultan pouco explicables neste traxecto interior de Forzáns causándolles serios transtornos burocráticos na tramitación de autorizacións para actuar sobre os seus ben inmobles aos veciños desta parroquia que, si o vial fora de titularidade municipal se vehicularía dun xeito máis sinxelo e máis áxil e se lle aplicaría a normativa que realmente lle corresponde.

Os populares recordan que no verán do ano 2013, no marco das obras realizadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia na estrada PO-255 no tramo entre Caritel e Forzáns foi executada como mellora valorada nuns 50.000 euros a senda peonil duns 750 metros no vial interior desta parroquia entre o lugar de A Feira e o cruce coa estrada de Fornelos de Montes.

A construción da senda peonil realizouse naquel momento a petición da Asociación de Veciños de Forzáns e da Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns co fin de mellora-la seguridade vial e favorece-la comunicación peonil interna da parroquia e tamén mellora-lo acceso a lugares de moito uso para os veciños como o Centro Sociocultural, os parques infantiles, o torreiro das festas, a propia igrexa parroquial e o cemiterio.

Por todo elo, o PPdeG solicitará ao Pleno da Corporación Municipal que inste ao goberno municipal a solicitar á Xunta de Galicia a transferencia do vial interior de Forzáns, desde A Feira e polo traxecto que discurre a senda peonil ata completar ata a rotonda que dá acceso á estrada de Fornelos (incluído o ramal con beirarrúas que vai desde o fin da senda peonil ata a mesma rotonda).

Publicacións Relacionadas