HomeO SalnésO GroveO Concello do Grove recibe unha subvención para o servizo de subministro...

O Concello do Grove recibe unha subvención para o servizo de subministro de enerxía eléctrica

- Anuncio -spot_img

A Deputación de Pontevedra outorga, dentro do Plan Concellos 2021, unha subvención para o subministro eléctrico do Concello.

Seguindo a traxectoria marcada nos últimos anos, o Concello do Grove contará con 35.000 euros con cargo ao Plan Concellos para o subministro eléctrico municipal.

A Deputación provincial comunicou ao Concello a asignación dun importe de 35.593 euros con cargo ao Plan Concellos 2021 e que se sumarán ás cantidades aportadas polo Concello para facer fronte aos gastos en enerxía eléctrica necesarios para manter a iluminación pública en rúas e edificios municipais. Entre estes edificios atópanse ademais da Casa do Concello e o Edificio administrativo, os colexios públicos e pavillóns de deporte así como as dependencias da policía local, emerxencias, casas de cultura, museo da salga e servizos sociais.

Publicacións Relacionadas