HomeOurenseA xunta de goberno aproba unha modificación de crédito para mobilizar 62...

A xunta de goberno aproba unha modificación de crédito para mobilizar 62 millóns de euros de remanente en infraestruturas e servizos na cidade

- Anuncio -spot_img

O goberno municipal presentará a proposta a aprobación por parte do Pleno do Concello o vindeiro 4 de xuño

“Ourense ten carencias e as carencias teñen un prezo. Ese diñeiro estaba no banco e o que facemos é sacalo do banco e poñelo na cidade”, explica o alcalde

Prepara outro proxecto de modificación orzamentaria para destinar 10 millóns de euros a axudas a comercios e pemes

O goberno municipal presentará a aprobación por parte do Pleno unha proposta de modificación dos orzamentos do Concello para 2021, por importe de 62.601.389,04 euros, que ten como finalidade mobilizar recursos procedentes do remanente de tesourería e destinalos a investimentos en infraestruturas e servizos na cidade. A xunta de goberno local aprobou nunha xuntanza extraordinaria celebrada este mediodía o proxecto de modificación MP_2P/2021, que será presentado ante o Pleno do Concello na súa próxima sesión, a do día 4 de xuño, para a súa aprobación provisional.

“Trátase”, explica o alcalde Gonzalo Jácome, “da maior modificación de crédito na historia de Ourense, mobilizando 62 millóns de euros que estaban no banco, para utilizalos en atender necesidades da cidade”.

O expediente inclúe a execución de investimentos como un convenio coa Xunta de Galicia para a ampliación do Hospital Materno Infantil, á que o Concello destinará 4 millóns de euros, proxectos de mobilidade vertical (10 millóns), mellora de parques infantís (4 millóns), contedores soterrados (1,6), renovación dos contedores en superficie (4), renovación da flota de autobuses urbanos (14), entre outras partidas, como a instalación de cámaras no casco antigo, radares para pacificar o tráfico e evitar accidentes, ou un plan de choque para o mantemento global da cidade, por importe de 4 millóns, ou os convenios con entidades sociais que desenvolven o seu labor na cidade, entre os que destaca pola súa contía o de Cáritas, por importe de 250.000 euros

“Ourense é unha cidade que ten carencias, e esas carencias teñen un prezo. Ese diñeiro estaba no banco e o que facemos é sacar o diñeiro do banco e poñelo na cidade”, explica o alcalde, quen subliña que “o Concello non é un banco: o diñeiro dos cidadáns ten que estar na rúa, se non non ten sentido recadar impostos”.

O rexedor confía en acadar o apoio dos demais grupos a esta modificación de crédito e avanza que presentará proximamente outra proposta, por importe duns 10 millóns, para acordar medidas de apoio ao sector do comercio e as pequenas empresas da cidade.

Liquidación orzamentaria

A modificación orzamentaria de 62 millóns de euros lévase a cabo logo de que o Concello de Ourense formalizase o pasado venres a aprobación da liquidación do orzamento do exercicio 2020, tras a emisión dos informes necesarios por parte dos departamentos de Tesourería e de Intervención.

Esta liquidación deixa como resultado un remanente de tesourería de 126.435.668,74 euros. Desta cantidade resérvanse automaticamente 47.664.874,73 euros, provenientes do exercicio anterior e susceptibles de incorporarse ao actual. O resultado é un remanente de tesourería para gastos xerais de 78.770.794,01 euros. Del sairán os recursos para o expediente de modificación orzamentaria que se presentará ao próximo pleno, e a seguinte modificación, de apoio ao pequeno empresariado local.

Expediente de modificación de créditos, modalidade créditos extraordinarios e suplementos de crédito, MP-2P/2021

Apróbase o proxecto de modificación orzamentaria 2P/2021, utilizando a figura dos créditos extraordinarios e suplementos de crédito, de acordo co seguinte contido:

A) Suplementos de crédito

Créditos que se suplementan:

Código

Descrición

Importe

Financiamento

S100.1532.22707

Contratación traballos reparación vías púb.

4.000.000,00 €

Rte. Tes. Gtos. X

S100.1610.22709

Retribuc. concesionaria serv. Auga, san.

5.013.333,59 €

Rte. Tes. Gtos. X

N100.4411.22711

Contrato xestión transporte urbano

3.282.886,73 €

Rte. Tes. Gtos. X

S140.2311.22710

Servizo conserxería Centros Cívicos

100.000,00 €

Rte. Tes. Gtos. X

S140.2313.48000

Axudas programa emerxencia social

700.000,00 €

Rte. Tes. Gtos. X

S300.4391.22706

Asistencia técnica para Turismo e Term.

378.000,00 €

Rte. Tes. Gtos. X.

Total suplementos de crédito 13.474.220,32 €

Financiamento dos suplementos de crédito: Modificación do Estado de Ingresos

87000 / Rmte. de Tesourería para Gtos. Xerais / 13.474.220,32 €

Total financiamento suplementos de créditos 13.474.220,32 €

B) Créditos extraordinarios

Créditos que se dotan:

Código

Descrición

Importe

Financiamento

S100.1532.60902

Invest. novos Infraestruturas viarias

10.637.313,74 €

Rte. Tes. Gtos. X.

S100.1532.60903

Invest. novos Infraestruturas viarias

600.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S100.1532.61902

Invest. de repos. Infraestruturas viarias

2.253.096,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S100.1532.61903

Invest. de repos. Infraestruturas viarias

400.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S100.1650.61902

Invest. de repos. mellora alumeado púb.

520.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S100.1532.72303

Transferencias de capital vías públicas

589.275,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S100.3122.75100

Convenio Sergas CHUO

4.125.062,98 €

Rte.Tes. Gtos. X

S100.4411.62400

Elementos transporte. Transp. Urbano

14.000.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S120.9120.78000

Subvención Colexio Enfermería Ourense

3.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S140.1640.62302

Maquinaría Cemiterios

10.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S140.2318.48011

Convenio Cáritas

250.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S140.2318.48920

Conv. Asoc. persoas con disc. (ADO)

21.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S140.2318.48930

Convenio Por Eles (TEA)

6.400,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S140.2318.48940

Conv. Asoc. AFAOR

56.021,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S140.2318.48950

Convenio Banco de alimentos

36.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S140.2318.48960

Convenio Cruz Roja Española

105.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S140.2318.48970

Convenio Asociación lucha contra el Cáncer

50.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S140.3120.48910

Asociación axuda ó Toxicómano (ATOX)

25.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S140.3120.48921

Conv. Fun. Monte do Gozo Prox. Home

25.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S140.3120.48926

Convenio Comité Cidadá Antisida

25.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S160.1621.62501

Inves. novos contedores soterrados

1.600.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S160.1621.63500

Inves. repos. contenedores superficie

3.500.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S160.1710.60902

Invest. novos en parques e xardíns

1.400.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S160.1710.61900

Reforma Xardín do Posío

2.000.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S160.1710.61902

Invest. repos. en parques e xardíns

4.000.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S160.4590.61902

Invest. repos. perímetro rural

520.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S200.4330.47900

Outras subvencións a empresas privadas

20.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S240.1330.27706

Estudos e traballos téc. control e ord. tráfico

60.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S240.1330.62701

Invest. control e ordenamento tráfico

800.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

S300.4391.61909

Invest. repos. en infraest. turísticas termais

1.490.000,00 €

Rte.Tes. Gtos. X

Total créditos extraordinarios 49.127.168,72 €

Financiamento dos créditos extraordinarios: Modificación do Estado de Ingresos

87000 / Rmte. de Tesourería para Gtos. Xerais / 49.127.168,72 €

Total financiamento créditos extraordinarios 49.127.168,72 €

Total Modificación Orzamentaria (A) + (B) 62.601.389,04 €

Este acordo elevarase ao Pleno da Corporación para que proceda, no seu caso, á aprobación provisional da modificación proposta.

Publicacións Relacionadas