HomeOurenseGoberno e sindicatos avanzan na negociación de propostas de modificación da relación...

Goberno e sindicatos avanzan na negociación de propostas de modificación da relación de postos de traballo e incorporación da xornada laboral ao acordo regulador

- Anuncio -spot_img

Goberno municipal e sindicatos con representación no Concello avanzaron esta mañá en mesa de negociación en diferentes asuntos relacionados coa xestión dos recursos humanos do Concello. Entre eles:

Constitución da Mesa Xeral de Negociación para axeitar a representatividade das organizacións sindicais aos resultados das eleccións a membros de comite de empresa do pasado 18 de febreiro e solicitude de designación dos membros que formarán parte da Mesa e asesores a cada Organización sindical.

Consulta e negociación dos informes-proposta de modificacion das relacións de postos de traballo 1/2021, sobre o carácter ordinario ou específico dos concursos de provisión; 2/2021, sobre creación de postos para adscrición de laborais indefinidos por sentenza; e 3/2021 sobre creación e ordenación do Servizo de Contratación.

Proposta de prórroga de listaxes de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas

Proposta de incorporación ao acordo regulador do anexo de xornada xeral ordinaria e descentralización da negociación colectiva das xornadas especiais .

“Seguimos negociando cos sindicatos, tratando de mellorar non só as condicións de traballo dos empregados municipais senón tamén que isto redunde na calidade do servizo aos cidadáns, que en última instancia é a razón de ser da institución municipal”, asegurou ao remate da xunta o concelleiro de Recursos Humanos, Armando Ojea. Goberno e centrais sindicais manterán novas xuntanzas proximamente para avanzar en todos estes asuntos.

Publicacións Relacionadas