Fernando Pérez considera que “esta sentenza firme, enriba da anterior denunciada por nos, fai que a situación xa sexa insostible. Os veciños de Caldas de Reis van a ter que asumir un pago total de case 100.000,00 euros (entre principal, intereses e costas) porque o Alcalde asinou un convenio sen contar cos técnicos municipais e non o cumpleu.
“Esta é a gota que colma o vaso, e é o exemplo definitivo do desastre da política urbanística de este Alcalde temerario e incompetente”, sinala.
“Non descartamos poñer este gravísimo asunto en mas da Fiscalía”
Os Populares de Caldas de Reis reclamamos responsabilidades políticas ao Goberno local, e non descartamos esixir responsabilidades penais, pola recente sentenza firme que condena ao Concello de Caldas a pagar case 100.000,00 euros, enriba de outras e sobre todo da que denunciamos o mes pasado de 672.000 euros mas intereses,
Refírese á sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra, que estima totalmente a demanda dunha empresa contra o Concello polo incumprimento dun convenio asinado polo Alcalde o 25/9/2009, onde comprometía o Concello a recalificar no novo PXOM uns terreos como industriais cando sabía perfectamente, como alegou na súa defensa nos Tribunais, que non era da súa competencia.
Pero para colmo, presenta un informe valorativo dos 1.392,50 metros cadrados que o Concello recibía nese convenio no que se conclúe que eses metros cadrados cedidos tiñan un valor de 35.160,62 euros.
A pregunta é evidente, ¿Por que non se solicitou esa taxación para poñer ese valor no convenio?.
E xa no absoluto absurdo, logo de ter claro que non cumpría os compromisos que asinara, logo de ver que os 80.000,00 euros eran mais do dobre do prezo da parcela, a parte contraria remite escrito no que propón unha rebaixa na cláusula penal fixada no convenio de 8.000,00 euros (10% menos) e un pago aprazado e nin se digna a contestalo.
Estamos seguros de que este procedemento o fan porque son cartos de todos os Caldenses e non particulares de él, se tivese que afrontalo persoalmente non chegaríamos a este punto.
Agora temos que pagar os seus desastres, imos a ir case que a 100.000,00 euros entre principal intereses e costas.
Facemos pública esta situación e colgamos en redes sociais toda a documentación para que os veciños a poidan examinar e ver o auténtico desastres desde des-goberno municipal.
Non queremos rematar sen indicar que todo este pasa pola absoluta incompetencia e temeridade, por non usar termos mais fortes, de Juan Manuel Rey Rey e o seu equipo.
Temos que destacar a importantísima labor dos técnicos municipais que tratan de frear a este Alcalde nas súas teimas pero os que non lle fai ningún caso, nin a eles, nin os seus informes negativos sobre as súas actuacións, e o final os que pagan as consecuencias son os, e as, caldenses.




