HomeOurenseOurenseA comisión de pleno pospón o ditame da proposta de modificación orzamentaria...

A comisión de pleno pospón o ditame da proposta de modificación orzamentaria por 62 millóns de euros

- Anuncio -spot_img

O goberno municipal aprecia “unha manobra dilatoria” na solicitude de novos informes realizada polo grupo socialista e considera “sorprendente” a abstención do PP

O goberno avanza que pedirá os informes para que o expediente poida ir ao próximo pleno ou a unha sesión extraordinaria

A Comisión de Pleno do Concello de Ourense acordou na súa sesión desta mañá pospoñer o ditame da proposta de modificación dos orzamentos do Concello por importe de 62.601.389,04 euros, presentada polo goberno municipal para mobilizar recursos procedentes do remanente de tesourería e destinalos a investimentos en infraestruturas e servizos na cidade.

No transcurso da sesión, o grupo municipal socialista solicitou novos informes técnicos en relación ao expediente que ten que ser sometido a aprobación por parte do Pleno do Concello e propuxo deixar o asunto sobre a mesa até que estes informes se incorporen ao expediente. A proposta de pospoñer o ditame da proposta de modificación orzamentaria saíu adiante cos votos a favor do PSOE, BNG e un concelleiro non adscrito; cos votos en contra de DO e C´s; o PP abstívose.

O goberno municipal entende que a solicitude de novos informes é “unha manobra dilatoria” por parte do PSdeG-PSOE e expresa a súa “sorpresa” pola abstención do PP, ao tempo que avanza que solicitará os informes requiridos por parte do PSOE para incorporalos ao expediente coa finalidade de que a modificación orzamentaria vaia “ao próximo pleno ou a unha sesión extraordinaria”.

A comisión de pleno tamén lle deu o visto bo á solicitude realizada pola agrupación de Asociacións Veciñais Miño para intervir no próximo pleno.

Publicacións Relacionadas