HomeOurenseGonzalo Jácome reúnese con Eneko Goia para coñecer as experiencias exitosas da...

Gonzalo Jácome reúnese con Eneko Goia para coñecer as experiencias exitosas da cidade de San Sebastián en materia de mobilidade

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visita no día de hoxe a cidade de San Sebastián, onde esta mañá foi recibido polo alcalde, Eneko Goia, e pola concelleira delegada de Mobilidade e Transporte, Pilar Arana Pérez, nun encontro no que o rexedor ourensán se interesou por diferentes proxectos levados a cabo por esta cidade e, moi especialmente, en materia de mobilidade urbana.

Donostia é unha das cidades españolas onde máis se usa o transporte público colectivo, de acordo coas estatísticas, e conta cunha empresa municipal de autobuses urbanos con moi bo funcionamento. O alcalde coñeceu tamén de primeira man outras iniciativas, coma a dos axentes de mobilidade cos que conta o municipio vasco, que centran o seu labor en fomentar a seguridade viaria, ou o o servizo de préstamo de bicicletas eléctricas, que conta cun alto número de persoas usuarias.

Pérez Jácome visita a esta hora diferentes sistemas e infraestruturas de mobilidade vertical instalados nas rúas da cidade de San Sebastián.

Publicacións Relacionadas