HomeDeputaciónsDeputación OurenseA rede europea Partenalia centra o seu obxectivo na pospandemia e os...

A rede europea Partenalia centra o seu obxectivo na pospandemia e os “ Next Generation”

- Anuncio -spot_img

O presidente desta entidade, Manuel Baltar, presentou no Consello Político o Plan de Acción 2021, aprobado por unanimidade e onde se deu luz verde á incorporación do departamento francés de L’ Aude, con máis de 365.000 habitantes e cuxa capital é Carcasona

Partenalia impulsará na Semana Europea de Rexións e Cidades debates sobre a importancia da “transición dixital” a “economía verde” e o “Patrimonio monumental”, “elementos que conflúen nas novas estratexias de promoción dos territorios”, afirma Baltar

O presidente da Deputación de Ourense e da rede de europea de gobernos provinciais “ Partenalia”, Manuel Baltar, dixo onte na súa intervención no Consello Político desta entidade que “a novo paradigma que se presenta #ante a cada vez máis próxima pospandemia é o de facer confluír transición dixital, economía verde e posta en valor do patrimonio, como elementos que servirán de motor para gañar en competitividade nun sector como o turístico, chamado a ser un dos tractores da economía”.

Na reunión telemática #ante os membros de Partenalia, Baltar presentou o Plan de Acción 2021, o cal foi aprobado por unanimidade e que contou coa incorporación dun novo integrante a esta rede europea: o departamento francés de L’ Aude, un territorio do sur de Francia, que conta con máis de 365.000 habitantes e cuxa capital é Carcasona.

O Plan de Acción -documento que marca a folla de roteiro desta asociación europea- centra boa parte dos seus obxectivos na estratexia dos fondos “ Next Generation”, “considerados peza fundamental para contribuír á reactivación económica dos territorios e elemento canalizador para facer fronte ás consecuencias sociais e económicas da crise do COVID-19”, expresou Manuel Baltar.

Neste sentido, a xestión de fondos europeos será o eixo do debate este ano en Bruxelas, o próximo outono, na Semana Europea das Rexións e as Cidades, a cita máis importante no ámbito institucional dos territorios europeos. Partenalia defenderá o “valor singular” que cada territorio ten para atraer competitividade nos sectores económicos, destacando no caso da provincia de Ourense, “o turismo, o termalismo, a agroalimentación, o téxtil e a lousa, como algunhas das “puntas de lanza” da nosa economía”. Nesta liña, Partenalia actualizará, como ferramenta de axuda, a Guía de Fondos da UE, permitindo aos integrantes da rede desenvolver requisitos personalizados en función das prioridades de cada territorio.

Observatorio de Fondos da UE

Así mesmo, o Observatorio de Fondos da UE actualizou os seus servizos coas novas convocatorias do período 2021-2027 e en particular as do programa de financiamento “ Next Generation”, permitindo aos membros ter unha análise máis personalizada que proporcione o grao de “afinidade” que teñen as convocatorias coas prioridades dos seus proxectos. Partenalia foi unha das primeiras redes de cooperación en usar este tipo de observatorio -fai catro anos- o que se demostrou de suma utilidade para os socios da rede e os seus respectivos territorios.

A cooperación entre territorios será, así mesmo, unha das fortalezas ao longo deste ano para Partenalia. Ao ser membro da Confederación Europea dos Poderes Locais Intermedios ( CEPLI) promoverase reforzar a colaboración interterritorial e o seguimento de programas europeos relacionados coa política local, ademais de promover iniciativas conxuntas con Arco Latino, dada a fortaleza que supón que tanto esta entidade como Partenalia sexan as únicas redes europeas de cooperación territorial entre autoridades locais intermedias.

Ademais do Plan de Acción, no Consello Político aprobouse tamén o orzamento de 2021 e fíxose balance económico e de actividades do pasado exercicio 2020.

Publicacións Relacionadas