HomeO MorrazoMarínA Biblioteca Vidal Pazos acollerá a proxección dun documental sobre a vida...

A Biblioteca Vidal Pazos acollerá a proxección dun documental sobre a vida e a obra de Xela Arias

- Anuncio -spot_img

Será o 6 de xuño ás 20.00 horas e precisará reserva previa.

A vida e obra de Xela Arias, a escritora á que se lle homenaxeou nas Letras Galegas, poderán coñecerse máis a fondo na Biblioteca Municipal de Marín o próximo 6 de xuño. “Xela Arias, poeta nas marxes” é o título do documental de Beatriz Pereira que se programará para as 20.00 horas, coa colaboración da Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística.

A capacidade do aforo será limitada e haberá que facer unha reserva previa no email museo.torres@concellodemarin.es e no 986 891 186.

Publicacións Relacionadas