• O importe das actuacións ascenderon a 45.000 €.-
• Unha empresa local foi a encargada da realización das obras, tal e como quedou reflexado no plan de reactivación local redactado polo goberno arbense
• O concello de Arbo, asinaba un convenio coa Diocesis de Tuy para a cesión dos terreos para a realización do acondicionamento do entorno da Capela
Con estas actuacións que incluíron a limpeza do ámbito, retirada da capa de formigón do entorno cércano a capela e a colocación de adoquín, colocación de bancos e dunha Varanda de protección nas escaleira de acceso peonil, o concello de Arbo, deu vida ao entorno da Capela de San Xoan, un punto emblemático do barrio e da parroquia de Arbo, dotando aos veciños e veciñas do lugar de un espazo de lecer.
Con estas obras o Concello de Arbo dotou ao barrio de San Xoan dun espazo público acorde as necesidades dos veciños e veciñas, unha actuación que se enmarca na recuperación e posta en valor dos elementos arquitectónicos e patrimoniais de Arbo.
“Unha serie de melloras que dan resposta a demanda dos veciños e veciñas de San Xoan e que ademais supón a posta en valor da gran riqueza patrimonial coa que conta o municipio de Arbo e donde ademáis, pretendese evitar situación de perigo, polo que se proxecta a execución dunha pavimentación do ámbito acorde o entorno existente- remata o rexedor.”
O concello de Arbo, asinou un convenio coa Diocesis de Tuy para a cesión dos terreos a favor desta administración para a realización do acondicionamento do entorno da Capela de San Xoan para mellorar as condicións estéticas e funcionais do espazo existente no entorno da capela, un entorno degradado polo paso dos anos e facelo máis accesible.
O importe das obras ascendeu a 45.000€.- e da realización dos traballos encargase unha empresa do Concello de Arbo, tal e como adiantaba o alcalde no plan de reactivación do sector local despois da crise sanitaria ocurrida por mor do COVID.
Dende o consistorio este grupo de goberno, quere seguir dotando aos arbenses de novos espazos de lecer, coa recuperación e mellora de espazos xa existentes- manifesta o edil- e seguir atendendo a demanda dos veciños e veciñas, na medida que sexa posible




