HomeOurenseRelación de asuntos da xunta de goberno local 3/6/2021

Relación de asuntos da xunta de goberno local 3/6/2021

- Anuncio -spot_img

A xunta de goberno local do Concello de Ourense, reunida esta mañá, aprobou 10 asuntos achegados por diferentes áreas e servizos municipais.

Licenzas urbanísticas (6). Concedéronse licenzas para a reforma dunha vivenda en Cardeal Quevedo; para a rehabilitación de dúas plantas dun edificio na rúa Hernán Cortés; para a legalización do cambio de fiestras e balconeiras nunha vivenda unifamiliar no Camiño dos Arrieiros; para unha parcelación de diferentes fincas na rúa Amizade; para a construción dunha vivenda unifamiliar na estrada de Oira; e para a substitución da cuberta no edificio do colexio María Auxiliadora – Salesianos

Aperturas (1). Concedéuselle licenza de obra de adaptación dun local na rúa Bella Otero á Asociación Autismo Ourense para a apertura dun centro de día.

Xestión Urbanística (2). Desestimouse un recurso de reposición contra un acordo de xunta de goberno local de marzo de 2021 interposto por unha entidade mercantil, á que tamén se lle inadmite unha solicitude de revisión de oficio de dous acordos de xunta de goberno local de decembro de 2008 e de maio de 2009.

Persoal e Recursos Humanos (1). Aprobouse a disposición de 1.362,86 euros en favor do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en concepto de abono de de custas xudiciais.

Publicacións Relacionadas