HomePontevedraO CondadoACiP demanda un plan de actuación de mantemento dos parues públicos

ACiP demanda un plan de actuación de mantemento dos parues públicos

- Anuncio -spot_img

O estado dos Parques públicos do Concello é lamentable, algúns mesmo non aptos para o seu uso, falta de limpeza, desinfección das árbores, falta de poda, etc..
A situación de falta de limpeza e desinfección provoca reaccións nos pais pola súa dúbida de se os parques están acondicionados e aptos nestes momentos que vivimos de pandemia, sendo unha verdadeira burla do Concello cara a uns dereitos que nos negan.
Ano tras ano o Goberno local demostra a súa incompetencia no mantemento dos servizos públicos como os parques ou zonas verdes, algo incomprensible cando o básico en calquera Concello é o mantemento dos servizos Públicos.
Para o portavoz de ACiP isto é unha demostración mais do descontrol existente en xestión e a nula planificación, denuncia o Portavoz de ACiP Juan Carlos González Carrera, onde o mesmo afirma que unha situación de excepcionalidade pode xurdir en calquera momento, pero non que sexa unha práctica habitual durante os últimos 6 anos de goberno BNG-PSOE.
Bastante estamos a sufrir coas consecuencias do COVID-19, para que os mais pequenos cando acoden aos parques públicos non poidan nin utilizalos polo abandono no que se atopan, engadido á falta de desinfección para evitar contagios.
Detrás deste descontrol municipal sen xustificación do Concello hai un persoal de medioambiente no que se contrataron mais de 50 traballadores, pero que ao final o resultado segue sendo o mesmo, faltando unha verdadeira planificación.
Moito nos tememos que o goberno ante o descontrol existente acuda de novo para remediar un mal endémico á contratación de empresas privadas para a realización do mantemento, un mantemento que teñen a obriga de realizalos cos máis de 50 traballadores na Concelleria de Medio Ambiente.
Esperamos que terminen este tipo de actitudes, e que non siga sendo unha sangría económica para o Concello seguir contratando sen control, pois o endebedamento do Concello segue crecendo, e esta na actualidade segundo os datos do Concello preto dos 5 millóns de euros.

Publicacións Relacionadas