HomePontevedraO CondadoO PP solicita á nova alcaldesa que os cambios na configuración do...

O PP solicita á nova alcaldesa que os cambios na configuración do goberno non supoña un incremento no custo de persoal

- Anuncio -spot_img

· “Que engadan máis áreas e cambios de concellerías, pero que isto non supoña un incremento de gasto para as arcas municipais, porque sería unha irresponsabilidade”.

O Grupo Municipal do PP solicita á nova alcaldesa, a nacionalista Cristina Fernández, que a nova configuración de Goberno que está a realizar non supoña un custo maior ás arcas locais.

“Que faga os cambios que estime oportunos, coincidimos en que algunhas concellerías non estaban a funcionar ben e quizais estas modificacións liquiden algúns problemas. Con todo, esta novo organigrama non deberá supoñer un incremento no gasto de persoal, referente á corporación”.

O PP lémbralle á alcaldesa que xa a inicios de ano subíronse os salarios dos concelleiros do goberno nun 60% e ampliouse en número de dedicacións, “na situación de crise na que estamos, derivada da pandemia, os políticos somos os primeiros que temos que dar exemplo”.

Publicacións Relacionadas