HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO xurado do Certame Novos Valores 2021 selecciona 15 das 29 obras...

O xurado do Certame Novos Valores 2021 selecciona 15 das 29 obras presentadas para a exposición no Museo

- Anuncio -spot_img

Reduciuse á metade o número de pezas aceptadas para garantir o nivel de edicións anteriores

O xurado do certame Novos Valores 2021 reuniuse na mañá de hoxe e, na intención de ser rigoroso coa estratexia e o nivel de edicións anteriores, apenas deixou pasar á seguinte fase a metade (15) das obras presentadas (29), que serán as que conformarán a exposición que terá lugar entre o 8 de xullo e o 12 de setembro.

Segundo subliñou o director do Museo Xosé Manuel Rey, tras máis de dúas horas de reunión, todas as e os integrantes do xurado amosáronse na mesma liña e consideraron convinte seleccionar menos obras das previstas -un máximo de 25 segundo -. Na próxima reunión a principios de xullo, o tribunal verá as pezas das e dos 15 artistas que pasaron a criba montadas coa súa instalación definitiva nas salas do Museo e seleccionarán as que consideran merecedoras das bolsas de 7.500 euros.

O Museo pechou o prazo de formalización de participación en Novos Valores 2021 con 29 artistas presentadas, a cifra máis baixa de toda a última década, motivada polas restricións de idade e os novos requirimentos das bases do concurso. A categoría maioritaria foi a pintura (con 8 creacións), para despois seguir outras técnicas diversas e mixtas (7), a vídeoinstalación (5), fotografía (4), escultura (2), gráfica (1), debuxo (1), e grabado (1).

Forman parte do xurado José Manuel Rey, director do Museo de Pontevedra; María Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes, profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Itziar Ezquieta Lamas, artista plástica e profesora asociada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra; Carmen Hermo Sánchez, artista e profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Pilar Corredoira, historiador de Arte Contemporánea e comisaria de exposicións; e Javier Pérez Buján, director artístico da Fundación Laxeiro.

Publicacións Relacionadas