HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello reforza o atractivo turístico dos Baños do San Xusto cunha...

O Concello reforza o atractivo turístico dos Baños do San Xusto cunha ruta de sendeirismo desde a Ponte Nova de Fentáns que se ampliará ao Lodeiro

- Anuncio -spot_img

• Cubela aposta por roteiros de dificultade media-baixa, circulares e cunha lonxitude que non exceda de 7 quilómetros

Operarios do Concello de Cerdedo-Cotobade comezaron cos traballos de acondicionamento dun novo roteiro que unirá os Baños do San Xusto e a Ponte Nova de Fentáns, a través dun percorrido que terá unha distancia de ida e volta de tan so 7 quilómetros e unha dificultade sobre o terreo media-baixa.

A intención do alcalde, Jorge Cubela, é reforzar o atractivo turístico dos Baños do San Xusto con rutas de sendeirismo de acceso doado e que teñan como nexo de unión a estación termal que empezará a funcionar tan pronto como sexa posible.

Segundo Jorge Cubela “queremos fortalecer os Baños como destino turístico con diversidade de alternativas que fomenten as prácticas saudables, o disfrute da natureza e o coñecemento e divulgación do gran patrimonio etnográfico e cultural que atesouran os nosos lugares.

Pretendemos crear sinxerxias turísticas que, como neste caso, teñan como punto neurálxico a estación termal para que os arredores se beneficien tamén da promoción e do empuxe que vai significar a súa posta en funcionamento”.

A vontade do alcalde de Cerdedo-Cotobade é extender esta ruta de sendeirismo ata a área recreativa de Lodeiro, no veciño concello deCampo Lameiro para o cal está en conversas co seu homólogo, Carlos Costa, co fin de que poder habilitar un programa de actuación coordinado que estableza unha amplia e tupida rede de sendeiros transitables e de dificultade media-baixa para fomentar o fluxo turístico entre ámbolos dous municipios”.

“Cremos nas relacións de boa veciñanza e na interconexión das distintos lugares porque cremos que se poden converter nun destino xeoturístico moi importante que pivote no turismo familiar, no turismo verde e natural e que teña como polos de atracción o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PARA) de Campo Lameiro e os Baños do San Xusto, en CerdedoCotobade”, indicou o alcalde Jorge Cubela.

Publicacións Relacionadas