As listas poden consultarse no taboleiro oficial do Concello de Ourense e no espazo web www.ourense.gal
As persoas afectadas poderán achegar documentación até o xoves 24 de xuño
A Concellería de Asuntos Sociais abre un prazo de 10 días para completar a información nas solicitudes de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar e comedores escolares.
Apreciadas fallas na documentación esixida no artigo 6 das bases da convocatoria de axudas en especie para a adquisición de libros de texto e material escolar e comedores escolares do Concello de Ourense, segundo o listado adxunto ao presente anuncio, a Concellería de Asuntos Sociais abre un prazo de DEZ DÍAS, a partir do seguinte ao da publicación desta noticia -de acordo co artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas- para completar a información. De non facelo no mencionado prazo, daranse por desistidas da súa petición cos efectos previstos no artigo 21.1 da citada Lei. É dicir, até o 24 de xuño, xoves.
A convocatoria das axudas foi aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello na súa sesión de data 18 de marzo de 2021 e está dotada cun orzamento de 294.250 euros (25.000 euros para axudas a libros de texto e material escolar e 269.250 euros para comedores escolares).
As listas poden consultarse no taboleiro oficial do Concello de Ourense e no espazo web www.ourense.gal
—




