HomePontevedraO CondadoPonteareas volve a pedir un novo préstamo a longo prazo e aumenta...

Ponteareas volve a pedir un novo préstamo a longo prazo e aumenta o endeudamento do concello

- Anuncio -spot_img

Novamente o goberno local acaba de aprobar na comisión de goberno do pasado día 8 a solicitude dun novo préstamo por importe de 1.172.330,05€, aumentado a débeda a un 32,94% dos recursos do Concello, segundo o propio informe da interventora do Concello, é máis, se o trasladamos a unha económica familiar que solicite un préstamo a unha entidade financeira con ese índice de endebedamento negaríanllo automaticamente ao superar o 32,94 % dos seus ingreso mensuais.


O conto acabouse xa hai varios anos cando este goberno presumía de datos económicos positivos, que co paso do tempo demóstrase que dista moito do que presumian. Na actualidade a débeda xa suma preto dos 5 millóns co condicionante de que a mesma é a longo prazo, co que hipotecan o presente e futuro do Concello para as próximas lexislaturas.
Para Juan Carlos González Carrera esta é a confirmación de que o goberno local formado por BNG-PSOE baséase no malgasto, e debemos lembrar como no mes de setembro de 2020 acudían novamente a un préstamo de 2 millóns de euros, e a alarma dada hai meses polos propios sindicatos do Concello onde denunciaban a negativa do goberno para cumprir co convenio dos traballadores locais aducindo falta de tesourería nas arcas locais con atrasos no pago das nóminas dos traballadores, reflicten claramente unha fuxida para adiante ante unha situación que empeza a ser realmente grave.


É curioso que mentres os veciños pagan relixiosamente os impostos, e máis en momentos tan complicados como os que estamos a vivir que afectan tanto económica como socialmente, o goberno dedícase a non priorizar os gastos e baséaos no descontrol do departamento económico. É importante lembrar que a maioría de acordos plenarios onde se acordaban redución ou condonación de certos impostos aos sectores afectados polas consecuencias do COVI-19, seguen sen cumprirse mentres o sector económico do Concello agoniza, pero o goberno segue endebedando o Concello para gastos innecesarios.
Cabe resaltar como o propio goberno cobrou irregularmente impostos de Plusvalía (imposto polas herdanzas) por importe de máis de 80.000 euros, e que no propio pleno da corporación ACiP reclamou a súa devolución en varias ocasións aprobándose a súa devolución, pero a data de hoxe a situación é a mesma, é dicir nada de nada a pesar de existir varias sentenzas xudiciais que o avalan.


Aconsellamos á Alcaldesa un cambio de rumbo radical, pois nos pasados días nunha entrevista na prensa escrita dicía textualmente “ Nestes momentos o Concello non ten débedas”, aconsellamos que se informe mellor ante tales afirmacións, só vendo o informe da interventora municipal xa o ten claro, estamos endebedados nun 32,94%, e lembrámoslle que os prestamos son débedas que hai que pagar, e moitos dos mesmos non son necesarios pois con priorizar os gastos perfectamente pódense asumir co orzamento municipal.

Publicacións Relacionadas